Outro lume no Courel afecta xa a dez hectáreas

Segundo denuncia a conta de FB "O Courel livre de eólicos", foi provocado por unha queima realizada por efectivos da UME.

A conta de FB de "O Courel livre de Eólicos" di que o lume foi provocado pola UME

Os efectivos de loita contra o lume traballan para atallar un incendio forestal que afecta á Serra do Courel. Segundo denuncia a conta de FB “O Courel livre de eólicos”, foi provocado por unha queima realizada por efectivos da UME nunha zona na que unha multinacional noruega ten en estudo instalar un gran parque eólico.

Segundo trasladan fontes de Medio Rural, o lume iniciouse sobre as 17:28 horas e afecta á parroquia de Hórreos, onde traballan axentes e brigadas con apoio de medios aéreos.

As primeiras estimacións apuntan a unha afectación de entre oito e dez hectáreas, engaden desde Medio Rural.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here