InicioMedio ambiente e PatrimonioA alcaldesa de Folgoso di que os incendios foron provocados e que...

A alcaldesa de Folgoso di que os incendios foron provocados e que están vinculados entre si

Lola Castro sospeita da súa "intencionalidade" dado que se produciron a "horas en que non poden traballar os medios aéreos".

Publicado o

- Advertisement -

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, asegurou que os dous últimos incendios forestais rexistrados no municipio a pasada semana, que arrasaron 340 hectáreas, foron intencionados e están “vinculados” entre si, polo que poderían ser obra dunha mesma persoa.

Estes dous incendios, ocorridos durante a Semana Santa -o domingo e o mércores-, nalgún caso chegaron a aproximarse a vivendas habitadas. A rexedora inclínase pola súa “intencionalidade”, dado que se produciron a “horas en que non poden traballar os medios aéreos”.

En canto aos intereses que pode haber detrás, a alcaldesa de Folgoso limítase a sinalar que “non o pode entender”. “Trato de buscarlle unha explicación, de que alguén teña esta forma de pensar. Non o entendo. Está comprobado que isto non trae nada bo”, abundou.

O Concello de Folgoso do Courel adheriuse ao manifesto que subscribe a recentemente creada Plataforma ‘A Serra do Courel contra u lume’, no que tamén participan partidos políticos e, en definitiva, a sociedade civil deste municipio da montaña de Lugo.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...