InicioMedio ambiente e PatrimonioParadores e o concello de Monforte colaboran na recuperación da Muralla Medieval

Paradores e o concello de Monforte colaboran na recuperación da Muralla Medieval

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Presidente de Paradores de España, Óscar López, mantiveron hoxe, 12 de abril, unha xuntanza de traballo na que acordaron levar a cabo a posta en marcha de accións conxuntas de promoción e mellora, coa finalidade de impulsar a recuperación da Muralla Medieval de San Vicente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde destaca que “esta reunión serviu para analizar a situación do Parador e do seu entorno, dentro do conxunto de San Vicente. Dende o Concello procuramos poñer en valor todos aqueles elementos que poidan darlle unha promoción turística a Monforte, e o Parador é un elemento de primeira calidade que nos pode proxectar dentro da rede de Paradores no conxunto do Estado”.

Deste xeito, o rexedor monfortino demandou e agradeceu o apoio da Rede de Paradores para a dinamización turística da cidade e de Monforte como capital da Ribeira Sacra.

En relación co proxecto de recuperación da Muralla Medieval, o rexedor monfortino incidiu en que dende o Concello estase a traballar xa para poder iniciar os traballos previos que poidan supor o inicio da recuperación da Muralla e da contorna de San Vicente, dado que a recente aprobación do Plan Especial do Casco Histórico permite contar cunha ferramenta esencial para iniciar actuacións de mellora no casco histórico monfortino.

R.P. Paradores e concello de Monforte / concello de Monforte

José Tomé Roca subliñou que “o que queremos é buscar unha solución de conxunto, independentemente de quen sexa o propietario de determinados tramos da Muralla, para recupera un ben de interese cultural que temos na ladeira que rodea ó conxunto histórico de San Vicente, e no que se atopa o Parador Nacional de Turismo”.

O Parador de Monforte, esencial na promoción turística da cidade

Pola súa banda, o Presidente de Paradores destacou na súa intervención o dobre obxectivo establecido trala reunión co Alcalde, de recuperación da Muralla monfortina e de promocionar, a través do Parador, as posibilidades turísticas de Monforte e da Ribeira Sacra.

“Es necesario poner de acuerdo a todo el mundo para sacar adelante el proyecto de recuperación de la Muralla de Monforte”, destacó Óscar López. En este sentido, informou das súas conversas con Turespaña, previas á reunión de hoxe en Monforte, salientando que “Tuerespaña y Paradores tienen toda la voluntad de elaborar proyectos de promoción turística para Monforte y de colaborar para la rehabilitación de su Muralla, dada su importancia histórica y su valor que como recurso turístico puede suponer”.

O Presidente de Paradores tamén destacou as cifras que demostran o bo funcionamento do Parador de Monforte. En 2019, o Parador facturou 1,4 millóns de euros e tivo un índice de ocupación medio, durante as fins de semana do ano, do 71%, e do 51% de media anual. Así mesmo, mostra do bo facer do Parador, foi que o 21% dos clientes en 2019 foron estranxeiros, o cal supón unha moi importante promoción fora das fronteiras de España.

O Presidente de Paradores amosou o seu compromiso co Parador monfortino para seguir impulsándoo e posicionándoo dentro dos circuitos de turismo, nacionais e internacionais.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...