InicioMedio ambiente e PatrimonioFinaliza a restauración da igrexa de San Martiño de Lousada en Samos

Finaliza a restauración da igrexa de San Martiño de Lousada en Samos

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade finalizou as obras de restauración da igrexa de San Martiño de Lousada, en Samos, tras investir preto de 200.000 euros nos traballos, executados durante os últimos seis meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto técnico contemplou a mellora da accesibilidade nos espazos exteriores do adro; a renovación da cuberta, conservando a tipoloxía e o material -madeira de castiñeiro e lousa-; así como a restauración do campanario e os sinos.

Tamén se procedeu á consolidación das fábricas, tanto de muros como de arcos, para devolver a correcta funcionalidade estrutural ao inmoble; cambiáronse as instalacións eléctrica e de iluminación e acometéronse as actuacións precisas para mellorar o illamento.

A actuación serviu para corrixir deficiencias e evitar o deterioro do templo. Executouse a través dun convenio de colaboración coa Diócese de Lugo, que inclúe a restauración de diferentes inmobles eclesiásticos da provincia.

A igrexa de San Martiño de Lousada é un ben catalogado protexido polo seu valor cultural ao estar incluído no Inventario das Normas Subsidiarias Provinciais de 1991. É un edificio de orixe románica, de volume sinxelo e pouca ornamentación. No interior consérvase unha pía bautismal de granito, con conca e pilastra, así como restos de pinturas murais de carácter popular nos arcos.

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...