InicioMedio ambiente e Patrimonio'Batida contra o lixo' en Castro Caldelas

‘Batida contra o lixo’ en Castro Caldelas

O pasado sábado 29 de maio un grupo de Cazadores do ‘Tecor de Caldelas’ xunto co Concello de Castro Caldelas dedicáronse a recoller residuos sólidos polos montes e ríos da contorna.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada estivo marcada pola implicación e o compañeirismo e, segundo nos traslada a alcaldesa de Castro Caldelas, comezou ben cedo. Os cazadores foron cargando nos seus remolques, coas súas mans e coa axuda dunha Pala Retrocargadora do concello, todo tipo de residuos: sofás, colchóns, neveiras, lavadoras, mobles, bidóns de lata, televisores, plásticos, caldeiros, bicicletas, …. Uns remolques que fixeron varias viaxes para ser baleirados a continuación, e de xeito selectivo, no Punto Limpo da localidade. 

Remolques con lixo en Castro Caldelas. Foto: S. I.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...