InicioMedio ambiente e PatrimonioDesmontando mitos sobre mulleres e amosando o deterioro de mosteiros en Carballedo

Desmontando mitos sobre mulleres e amosando o deterioro de mosteiros en Carballedo

Éxito de asistencia e temas moi interesantes os tratados na charla que organizaba a Asociación de Veciños o Bubaíño de Castro de Carballedo o pasado 26 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Veciños o Bubaíño de Castro de Carballedo agradece a presenza da veciñanza e demais xente interesada que asistiron á charla ”As mulleres da Ribeira Sacra na Idade Media” celebrada días atrás na Oficina de Turismo do Concello de Carballedo.

Nesta conferencia desmontouse o mito de que as mulleres nos mosteiros da idade media eran só relixiosas e demostrouse que facían todo tipo de traballo e eran perfectas administradoras. Facían compras, doazóns… Foron bastantes as abadesas que rexían mosteiros como foi o caso da Cova e Chouzán.

A charla do pasado 26 de xuño. Foto: A.V. o Bubaíño de Castro

Tras a charla fíxose una visita aos Mosteiros de San Xoán da Cova e Santo Estevo de Chouzán, onde se puxo de manifesto o deterioro que están a sufrir estes monumentos.

Desde a asociación lembran que a intención é repetir este tipo e actividades para dar a coñecer a contorna e poñer en valor o patrimonio artístico, etnográfico e paisaxístico do Concello de Carballedo e a súa ribeira, unha ribeira que, segundo refiren, “consideramos está esquecida por tódalas administracións”.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...