InicioMedio ambiente e PatrimonioTramítase a inscrición do monte de Trascastro no Rexistro de Masas Consolidadas...

Tramítase a inscrición do monte de Trascastro no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

Vense de publicar no DOGA o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se someten a información pública os procedementos de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas de catro montes da provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Inscribiranse 110,8461 hectáreas do monte veciñal en man común de Serra do Pozo, pertencente aos veciños de Librán, en Baleira; 29,1577 ha do monte veciñal en man común de Trascastro, de titularidade dos veciños desta aldea do Incio; 57,1637 hectáreas do monte veciñal en man común de Xunquiñas, pertencente aos veciños de Mazo e Moreira, en Cervantes; e 16,1183 ha do monte veciñal en man común de VIlaquinte, dos veciños deste lugar situado tamén en Cervantes. 

Na masa forestal do monte de Trascastro predominan os carballos, bidueiros e castiñeiros (Quercus robur, Betula sp Castanea sativa). Desde este martes, 3 de agosto, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Medio Rural en Lugo os documentos correspondentes a este expediente de inscrición, podendo presentar as alegacións que estimen oportunas nun prazo de dous meses, que computarán a partir de mañá.

A Consellería do Medio Rural está a tramitar actualmente un total de 36 expedientes de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, que supoñen en conxunto unhas 3.000 hectáreas de terreo. Destes expedientes, 6 corresponden á provincia da Coruña, 9 á de Lugo, 13 á de Ourense e 8 á de Pontevedra. 

En Galicia existe, de acordo co 4º Inventario Forestal Nacional, unha superficie de masas de frondosas autóctonas dunhas 415.000 hectáreas, dominadas principalmente polo carballo, cerquiño, castiñeiro e bidueiro, xa sexa en forma de masas dunha soa especie ou en mesturas íntimas de dúas ou máis especies. Estas masas conforman a paisaxe característica de Galicia e teñen un alto interese para a conservación de especies e hábitats, así como unha gran capacidade de xerar recursos de alto valor para a sociedade.

Tendo en conta toda esta riqueza, e en desenvolvemento da Lei de Montes, a Xunta publicou o Decreto que regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas. Nel inscríbense aquelas cunha superficie mínima de monte de 15 hectáreas que poden estar constituídas por tres coutos redondos, sempre que cada unha delas teña un mínimo de 3,75 hectáreas (25% da superficie mínima) e unha idade media de 20 anos.

O rexistro pretende favorecer a xestión forestal activa das masas inscritas, para o que o Decreto que o regula establece unha serie de medidas, como son a prioridade na concesión de axudas públicas, a divulgación dos seus valores e das utilidades directas destas masas de frondosas ou mesmo o fomento do desenvolvemento de vantaxes fiscais para os seus titulares.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...