O incendio en Ribas de Sil eliminou vexetación de grande interese científico

A zona afectada é o sinclinal de Castro Dares en Quiroga, onde se queimou parte da vexetación.

Técnicos da Xunta no incendio de Ribas de Sil / Xunta

O lume que arrasou esta semana máis de 1.700 hectáreas nos concellos de Ribas de Sil, A Pobra do Brollón e Quiroga tivo incidencia tamén na parte sur do xeoparque Montañas do Courel. Unha das zonas destacadas que foi afectada é o sinclinal de Castro Dares en Quiroga, onde se queimou parte da vexetación.

“É unha zona cun gran interese xeolóxico, pero non ten o grao de protección de monumento natural”, puntualizou Martín Alemparte, coordinador do Xeoparque. “O impacto que ten un incendio sobre unha estrutura xeolóxica non vai afectar á estrutura en si formada hai millóns de anos“, puntualizou.

Máis información en Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here