InicioCulturaDivertirse con xeito no San Vitoiro

Divertirse con xeito no San Vitoiro

Desde o concello fan públicas unha serie de normas para que axuden a garantir que todos os romeiros gocen da festa e que o lugar se manteña en boas condicións.

Publicado o

- Advertisement -

A romaría do San Vitoiro na Pobra do Brollón celébrase o 27 de agosto. A área recreativa do mesmo nome ao carón do río Lebrón e a contorna son o escenario desta popular cita.

As normas que fai públicas o concello son:

  • Ser respectuoso co Medio Natural. Non modificar o cauce do río
  • Non se permite facer lume
  • Depositar o lixo nas zonas habilitadas con contenedores
  • O persoal da Comisión de festas estará debidamente identificado. Para solventar calquera incidencia diríxanse a eles
  • En caso de emerxencia seguir as instrucións do persoal da comisión de festas.
  • Actuar de forma tranquila e organizada
  • En caso de evacuación nunca dirixirse aos vehículos e obedecer as normas do persoal da comisión de festas, eles o dirixirán a unha zona segura e á espera de medios externos.
  • Disporase de servizo de ambulancia en horario de 20:00 a 02:00 horas.

ÚLTIMAS

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...

O PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en Folgoso do Courel porque “está caendo sobre o río”

O Grupo Provincial Popular esixe que a Deputación de Lugo coloque sinais de advertencia...

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...