InicioMedio ambiente e PatrimonioOlga Iglesias: "Triacastela é un dos concellos máis importantes de Galicia en...

Olga Iglesias: “Triacastela é un dos concellos máis importantes de Galicia en historia”

A rexedora di, sobre o futuro Centro de Interpretación da Prehistoria en Galicia, que se traballa nese proxecto, pero "non acaba de arrincar aínda".

Publicado o

- Advertisement -

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, avanzou que este ano seguirán as escavacións no municipio. “Volverá haber outra campaña, hai moitas covas, e estamos impacientes por ver o que se atopa durante 2022″, asegura.

Así se expresou despois das últimas escavacións impulsadas pola Xunta, en colaboración coa USC, a Cová Eirós e Cova das Cabras, que permitiron constatar novos períodos de ocupación humana destas cavidades nunca antes rexistradas.

Segundo informaba a Consellería de Cultura, os últimos traballos arqueolóxicos posibilitaron localizar 50 moedas romanas na Cova dás Cabras, que serven para documentar un nivel de ocupación na segunda metade do século IV despois de Cristo.

A rexedora presume que o municipio Triacastela é “un dos máis importantes de Galicia” en historia polas escavacións en Cova Eirós e en Cova das Cabras. Estes achados levan á rexedora a lembrar “a típica lenda, en moitas aldeas galegas entre elas Triacastela e Cancelo, dos tesouros que había nas covas de ‘mouras”.

Estou moi satisfeita porque en cada escavación atópanse cousas moi interesantes para o municipio e que fan do Concello de Triacastela que sexa moi importante para a historia de Galicia, xa desde o neolítico tiñamos ocupacións. Triacastela é importante na historia do noroeste peninsular e de Galicia”, valora.

CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA PREHISTORIA?

En canto á posta en marcha dun futuro Centro de Interpretación da Prehistoria en Galicia, a alcaldesa de Triacastela confirmou que se traballa nese proxecto, pero “non acaba de arrincar aínda”.

Con todo, Olga Iglesias, adiantou que “ao longo deste ano se fará unha exposición con información sobre Covas Eirós”. “Xa temos a información recollida, maquetada e só quédannos por facer os expositores”, explica.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....