InicioMedio ambiente e PatrimonioIES A Pinguela: Proxecto Ríos, ruta xeolóxica e hip hop feminista

IES A Pinguela: Proxecto Ríos, ruta xeolóxica e hip hop feminista

O IES A Pinguela despediuse ata despois de Semana Santa cun concerto colectivo de Hip Hop Feminino El Salvador que forma parte do proxecto de Educación para o cambio social "Activistas polo Mundo Que Queremos".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alumnado de 1º Bacharelato e de Imaxe Persoal do IES A Pinguela saíu a estudar a contorna do río Cabe para estudar a súa flora e microfauna. Foron guiados por Ramsés Pérez, de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) e polos profesores de Bioloxía e Asesoría de Imaxe Persoal. Foi unha actividade do Proxecto Ríos, un programa do Plan Proxecta do IES A Pinguela.

Proxecto ríos Ies A Pinguela / IES A Pinguela

Pola súa banda o alumnado de 1º Bacharelato Ciencias vén de realizar unha ruta xeolóxica guiada por Eduardo Clavijo. O xeólogo levou ós estudantes a coñecer lugares singulares da zona sur de Lugo con interese
científico coma Montefurado, Vilanuide, Castelo de Torrenovaes, miradoiro
xeolóxico de Vilariño, pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, alto do Boi…

Remataron na canteira de San Clodio cunha clase práctica sobre minerais.

Ruta xeolóxica IES A Pinguela

Finalmente o alumnado de 1º ESO do IES A Pinguela achegouse á cultura hip hop da man do colectivo Hip Hop Feminino El Salvador. O obxectivo é que os mozos e mozas coñezan a loita destas mulleres que pertencen a un colectivo co que traballa a cooperación internacional galega, e que reflexionen sobre a realidade dos países empobrecidos a través da voz das súas protagonistas, mostrando o HIP HOP como unha ferramenta para o activismo e a promoción da cultura de paz.

Hip hop Feminino El Salvador fundouse no 2015 e ao longo destes anos foi
forxando fortes lazos co movemento feminista, traballando con diferentes
organizacións en actividades dedicadas á muller e á defensa dos dereitos
humanos.

Este proxecto é posible grazas a unión de tres ONGDs, Solidariedade
Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio
Social (Agareso) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e ao
financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta
de Galicia. Forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan
Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria.

Hip Hop feminino El Salvador

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...