InicioMedio ambiente e PatrimonioFlora Enríquez: "O románico non desaparece aínda que houbera pandemia é unha...

Flora Enríquez: “O románico non desaparece aínda que houbera pandemia é unha satifacción volver a celebrar a Rota do Románico”

O Concello de Pantón recupera despois de dous anos de pandemia a celebración dunha das súas actividades máis emblemáticas, as Xornadas da Rota do Románico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actividades desenvolveranse en diferentes días entre o 29 de maio e o 26 de xuño; abrindo e pechando con concertos, mentres as conferencias terán lugar os días 3, 10, 17 e 24 de xuño. Os concertos terán lugar no Mosteiro Cisterciense do Divino Salvador de Ferreira ás 19:00h, comezando co grupo vocal Solo Voces e pechando o 26 de xuño cun concerto do grupo de cámara Cuarteto Provenza.

Precisamente o xardín do mosteiro foi o lugar escollido para a presentación, xa que todo o relacionado coa Rota do Románico de Pantón quere poñer en valor o patrimonio co que conta o municipio, como explica a coordinadora da Rota, Flora Enríquez, “Estamos aquí porque este mosteiro é moi importante na Ribeira Sacra, é o único mosteiro que perdurou con vida relixiosa ata os nosos días. Aí radica a súa importancia e agora actuouse na antiga hospedería. Sempre marcamos unha simboloxía, queremos divulgar o noso patrimonio, por iso o cartel correspóndese con outra imaxe simbólica en Pantón, a da torre da igrexa románica de San Miguel de Eiré.”

Flora Enríquez referiuse tamén ao que supón poder recuperar esta celebración, “Despois de 2 anos sen poder celebralo da maneira que nos gustaría, porque o románico non desaparece aínda que houbera pandemia… Está todo moi ben construido, con templos que levan máis de 1000 anos en pé e despois de dous anos sen ter conferencias e actos musicais, nin actos culturais relacionados con isto, é para nós unha satisfacción poder de novo presentalo e celebralo.”

As conferencias terán lugar ás 20:00h. no salón de actos da casa da cultura. O 3 de xuño, Sandra Piñeiro Pedreira, historiadora e investigadora da USC, dará a conferencia: “A cultura escrita nos mosteiros da Ribeira Sacra (XI-XIII)”. O 10 de xuño, Vicente Feijoo Ares, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, ofrecerá a conferencia: “Toponimízate, falámosche dos nomes da túa terra”. Javier Gómez Vila, Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga falará da presenza romana na Ribeira Sacra, a cita será o 24 de xuño.

Ademais o 10 de xuño, ás 19:30 no xardín do mosteiro presentarase o libro “El ciprés del monasterio del Divino Salvador de Ferreira de Pantón”, de Carlos Rodríguez Dacal, Botánico e Doutor en Bioloxía.

“Estas xornadas para o concello son moi importantes porque Pantón e románico estiveron sempre unidos. A Rota do Románico é unha forma de atraer a xente de fóra a que veña vernos e tamén damos a coñecer actividades relacionadas co noso patrimonio a través das redes e da prensa e sempre estamos no día a día,” afirmaba na presentación o alcalde, José Luis Álvarez, que convidaba á participación nas diferentes propostas desta nova edición da Rota do Románico.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...