InicioMedio ambiente e PatrimonioCase 300 participantes no II Encontro de Xeopícaros do Xeoparque Montañas do...

Case 300 participantes no II Encontro de Xeopícaros do Xeoparque Montañas do Courel

O Xeoparque Montañas do Courel organizou unha reunión anual dos Xeopícaros do Xeoparque (os alumnos dos CEIP de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil), como forma de visualización da unidade da comunidade educativa do Xeoparque para dar a coñecer cada ano algún dos Lugares de Interese Xeolóxico do territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O primeiro dos encontros celebrouse no Miradoiro de Campodola-Leixazós no 2019, e tras dous anos en que non se puido celebrar, esta semana os Xeopícaros do Xeoparque reuníronse na Ermida, onde recibiron explicacións sobre a importancia xeolóxica e arqueolóxica, a historia e tradicións (Meco e Pampórnigas) e as pedras de construción que dende
alí se poden observar.

Posteriormente realizaron un roteiro dende a Ermida ata a Ponte do Villaverde, con explicacións sobre a vexetación do bosque de ribeira, dos abanicos fluviais, dos viñedos no Regueiral, a historia e as pedras de construción da ponte.

Semana dos Xeoparques Europeos

A Semana dos Xeoparques Europeos celébrase entre o 21 de maio e o 5 de xuño entre os 94 Xeoparques dos 28 países que na actualidade están declarados en Europa. De entre eles, 15 Xeoparques en España, sendo as Montañas do Courel o primeiro e único ate o momento declarado en Galicia no 2019.

II Encontro de Xeopícaros / Xeoparque Montañas do Courel

As actividades no Xeoparque Montañas do Courel que están por celebrarse son:

  • Sabado 28 maio: Geoparqueando polos Sequeiros de Mostad
  • Domingo 29 maio: Roteiro para coñecer as rochas dos monumentos relixiosos do Xeoparque
  • Domingo 29: Festa dun dos sabores das nosas rochas: “XXII Mostra do Aceite de Quiroga”
  • Martes 31 Maio: Talleres xeolóxicos para escolares no CEIP en Folgoso do Courel
  • Mércores 1 de Xuño: Talleres xeolóxicos para escolares no CEIP Ribas de Sil
  • Xoves 2 de Xuño: Talleres xeolóxicos para escolares no CEIP Quiroga
  • Venres 3 de Xuño: Talleres xeolóxicos para escolares no CEIP Quiroga
  • Sábado 4 de Xuño: Taller de réplicas de fósiles para Xeopícaros
  • Sábado 4 de Xuño: Roteiro polos castros do Courel e outras escavacións
  • Sábado 4 de Xuño: Inauguración do Centro de Interpretación da Mineria Aurífera Romana (CIMAR) en Ribas de Sil. 7º Centro de interpretación do Xeoparque
  • Sábado 4 de Maio e domingo 5 de Xuño: Festa doutros sabores das rochas do Xeoparque: “XVIII Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil”
  • Domingo 5 de Xuño: Roteiro “das pedras calizas as orquídeas: a evolución da vida”

ÚLTIMAS

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...