InicioMedio ambiente e Patrimonio(VÍDEO) Que pasa nos incendios do Courel? que queda detrás?

(VÍDEO) Que pasa nos incendios do Courel? que queda detrás?

Outro gran coñecedor e divulgador do Courel o arqueólogo, Iván Álvarez Merayo, tranquilizaba esta tarde a situación con estas palabras, que calman o inferno, pero esixen prevención, traballar desde a base, de verdade para o rural que tan lonxe queda dun despacho e de moitos protocolos.

Publicado o

- Advertisement -

Xa non se repira o inferno do Courel no Val de Lemos e ese ambiente preapocalíptico que supuxo días escuros a pesar do sol. Ese fume tinguíndoo todo ao seu redor, esas cinsas que chegaban flotando a cubrir todos os coches a 60 quilómetros. Xa non se ve Mordor na noite desde o castelo de Monforte. Non estar respirando a catástrofe nin véndoa no horizonte fai que xa non se viva igual. Non estás “no allo”, tomas distancia porque agora refrescou e sopra esa brisa.

Saír desa situación de calor abafante seguro está axudando nos incendios do Courel, pero non sei ese vento que en Monforte alivia. O caos de lume nun inferno climatolóxico con falta de medios e coordinación nun territorio complicado fixo que os días que quedan atrás foran un inferno sen control, polo que os datos da Consellería non mudan moito entre un parte e outro, a pesar de que o lume segue.

Segundo os últimos datos de Medio Rural segue a situación 2 nos incendios de Vilamor, Saa e Seceda e falan dunha estimación provisional de 6.600 hectáreas ardidas.

“Estes incendios lembran aos grandes incendios de California”, di algunha xente lendo as crónicas dos lumes e vendo as imaxes dos incendios do Courel nas redes sociais. Pero é que esta situación era imparable, “na noite do luns e hoxe pola mañá puiden vivir in situ estes lumes no Courel. Nada era normal, os saltos que pegan, os puntos onde arrincan… Vin descargas que non chega nin pinga de auga porque evapórase pola temperatura tan alta. Xúntase todo…ola de calor, monte seco e cheo de maleza, piñeirais por todos os sitios. A ver se por sorte aprendemos algo desta, porque estas temperaturas imolas ter a cotio!!”, dicía no seu facebook o fotógrafo, Emilio Romanos cando saiu a recoller este material.

Incendio Courel / Emilio Romanos

Outro gran coñecedor e divulgador do Courel o arqueólogo, Iván Álvarez Merayo, tranquilizaba na tarde deste martes a situación con estas palabras, que calman o inferno, pero esixen prevención, traballar desde a base, de verdade para o rural que tan lonxe queda dun despacho e de moitos protocolos, “Pois unha vez visto, e ao marxe da desfeita dunha parte importante do Courel Baixo…nin tan mal hoxe. As devesas aguantan ben, os piñeiros e monte baixo ao carallo, parte das evacuacions do Courel Alto, máis por prevención que por risco real, e a zona das canteiras entre Vilarbacú e Pacios arde algo, pero pouco,… parece. Os soutos que van ir ao carallo non serán moitos, creo. Se isto servese como advertencia… De Mercurín e o Río Pequeno non digo nada, pk aínda que ardía por aí, non din chegado, que non me daba tempo. En resumo, e como estamos fartos de saber aínda que a algúns avariciosos e/ou mercenarios lles importe ben pouco, os piñeiros que se planten, de ter que plantarse, en casa Dios, os montes limpos e as devesas, soutos, lameiros e hortas, que ocupen o lugar que lles corresponde. E como se consigue iso?.. investindo en medios materiais, investiendo en medios humanos todo o ano, reestruturación do uso do solo, novas políticas forestais, e, sobre todo, promover, facilitar e fixar poboación no rural, algo que non se fai nin de lonxe!! ..e claro que hai responsables!!!”

O caso é que O Courel segue ardendo e o que está quedando é isto..

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...