A Xunta pide ao Goberno a declaración de zona catastrófica polo incendio do Courel

O Consello da Xunta acordou solicitar ao Goberno central a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil os municipios afectados a mediados de xullo polos lumes de: Folgoso do Courel, Quiroga, A Pobra do Brollón e O Incio, na provincia de Lugo; así como O Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Rubiá, Oímbra e Verín, na de Ourense.

Incendio Courel 2022 / Guillermo Díaz

Os dous maiores incendios desde que hai rexistros en Galicia, no Courel –11.100 hectáreas– e Valdeorras –10.500 hectáreas–, quedaron extinguidos o 28 de xullo despois de dúas semanas ardendo por mor do seu inicio por raios caídos nas treboadas secas do 14 de xullo.

Con esta petición, búscase que o Goberno central complemente co seu sistema de axudas os danos causados polos lumes coa declaración coñecida como zona catastrófica. Para iso, o presidente o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que se trasladarán todos os datos necesarios.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here