InicioMedio ambiente e PatrimonioAs pegadas do glaciarismo no Courel

As pegadas do glaciarismo no Courel

O GDR Ribeira Sacra-Courel organiza os días 19 e 20 de outubro no concello de Folgoso do Courel unhas xornadas que levan por nome, As pegadas do glaciarismo. A iniciativa pretende servir de apoio á candidatura Courel Mountains Unesco Global Geopark Project.

Publicado o

- Advertisement -

As xornadas inauguraranse o día 19 ás 18.30 h. da tarde. Ás 19.00 h. José Ruíz Fernández do departamento de xeografía da Universidade de Oviedo e investigador principal do proxecto Cronoantar, ofrecerá a conferencia “As pegadas glaciares da cordilleira cantábrica, estado das investigacións”.

Ás 20.00 h. Marc Oliva do departamento de xeografía da Universidade de Barcelona e co –presidente do ANTPAS, falará de Serra Nevada, como os glaciares máis meridionais de Europa. A xornada do 19 pecharase ás 21.00 h. co “Glaciarismo e periglaciarismo das montañas do Courel”, por conta de Augusto Pérez Alberti, profesor Ad honorem da USC. O sábado 20 completaranse as xornadas cunha saída de campo para visitar as zonas glaciares das montañas do Courel.

A actividade é de balde, pero necesita inscrición previa ao ter as prazas limitadas a 50. As inscricións deben de facerse no correo electrónico grupogdr8@yahoo.es.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...