Nova demolición do patrimonio de Monforte

A fachada do inmoble presenta un estado de ruínas dende o mes de marzo

José Tomé Roca, alcalde xunto co Concelleiro de Obras, José Luis Losada/XdL

A casa situada na Rúa Roberto Baamonde, 8, vai ser derrubada inmediatamente. O inmoble, propiedade da empresa madrileña COBYSER CONSTRUCCIIONES OBRAS Y SERVICIOS S.L., ten ás súas costas 3 informes técnicos por parte do Concello onde se manifesta a perigosidade que presente para a poboación a construción.
Na Xunta de Goberno do 21 de maio, procedeu a aprobación de Declaración de Ruínas do Inmoble e posteriormente, o día 23, envióuselle un correo electrónico á empresa propietaria onde se lle advertía da situación e máis das consecuencias que podía acarear o non actuar pola súa parte.
A pasada noite, Policía Local e técnicos de obras do Concello pecharon o tramo final da rúa para así evitar o paso de vehículos posto que as gretas e desprazamento que presenta a fachada, auguran un derrube inminente. Tamén se colocaron uns contedores con area a modo de retén para que, en caso de caída da fachada, os locais comerciais que se atopan fronte a esta casa, puideran seguir ca súa actividade habitual.
En declaracións do alcalde, “dende o 7 de marzo estamos moi pendentes desta casa polo estado que presentaba. Aínda que non foi fácil atopar os donos da vivenda, ao final soubemos quenes eran para así informarlles da situación”.

Con todo isto, está previsto que esta tarde comecen os traballos de vallado e cuberta da fachada para que, previsiblemente mañá den comezo os traballos de derrubamento da vivenda.
Segundo o alcalde, “polos datos que temos, o derribo tería de ser rápido e como moito, deberían ter a rúa cortada ata a semana que ven”.

 

 

itinerario provisional para vehículos

A Polícia Local de Monforte emitiu un informe onde se organiza o tráfico da zona mentras duren os traballos de derrubamento.

Mapa do tráfico da zona mentras duren as obras/Concello de Monforte

 

3 COMENTARIOS

  1. É unha pena estas situacións. Os Concellos deberían facer algo por intentar recuperar patrimonio que ano a ano vaise deteriorando. Pena que os propietarios esperan unha venda que nunca chegará na maioría de casos e o final se teña que perder espazo nas vilas así como patrimonio.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here