InicioMedio ambiente e PatrimonioO Entroido Ribeirao participará da Mascarada Ibérica máis ancestral

O Entroido Ribeirao participará da Mascarada Ibérica máis ancestral

A Mascarada Ibérica celebra a súa quinta edición en Vilariño de Conso e Viana do Bolo, na fin de semana do 26 e 27 de xaneiro, coa participación de preto de 40 mascaradas do entroido máis ancestral de Galicia, León, Zamora, Guadalajara, Asturias, Cantabria, Cáceres e o norte de Portugal.

Publicado o

- Advertisement -

Cando se cumpren cinco edicións da Mascarada Ibérica, o evento consolídase como unha das citas obrigadas do entroido galego e na que tanto visitantes como veciños teñen a oportunidade de coñecer as diferentes máscaras rurais, que forman unha auténtica cultura paneuropea. 

Para esta edición, a comitiva estará conformada polos mellores entroidos etnográficos da Península. De Galicia estarán presentes, entre outros, as Pantallas de Xinzo, os Cigarróns de Verín, os Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, os folións de Vilariño de Conso e Viana do Bolo, as Mázcaras e o Fulión da Mourela pra Acá de Manzaneda, os Felos de Maceda, o Oso de Salcedo e o Entroido Ribeirao. De fóra de Galicia estarán os Jarramplas de Piornal (Cáceres), o Antruido Paré de Piasca (Cantabria), os Diablos y Mascaritas de Luzón (Guadalajara), o Atenazador de San Vicente de la Cabeza e a Talanquera y la Visparra de Sanabria (Zamora), Los Sidros de Valdesoto (Asturias), o Antruejo de Carrizo de la Ribera e as Mazcaras y Madamas de Pombriego (León). Tamén figuran os Chocalheiros de Vale de Porco e Bemposta, o Farandulo de Tó, a Mascarilla e Mascarao de Vilarinho dos Galegos, os Velhos de Bruçó ou o Careto e Velha de Valverde e, previsiblemente, tamén estarán os caretos de Lazarim e Parada, de Portugal.

Con este evento, os seus organizadores buscan “unificar” os entroidos do oriente ourensán e doutras zonas de España, unha cita que cada ano suma máis adeptos e que nesta edición contará con máis de corenta entroidos.

A Mascarada Ibérica supón o pistoletazo de saída ao entroido ourensán que arrincará en Xinzo de Limia a principios de febreiro e que continuará por toda a provincia case ata mediados de marzo.

 

ÚLTIMAS

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...