InicioMedio ambiente e PatrimonioEliminación dos puntos de vertedura de Mostaz e Santa Eufemia, no Courel

Eliminación dos puntos de vertedura de Mostaz e Santa Eufemia, no Courel

A Consellería de Medio Ambiente comezou este mércores os traballos para a eliminación de varios puntos de vertedura incontrolada (PVI) no Concello de Folgoso do Courel.

Publicado o

- Advertisement -

Os puntos sobre os que se vai a intervir localízanse nos lugares de Mostaz e Santa Eufemia. Os traballos, que teñen un orzamento de 10.000 euros, consistirán na recollida e clasificación e retirada do material acumulado nestas zonas, que en principio consiste en residuos procedentes de traballos de construción e demolición.

Tamén se fará a revexetación dos chans mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira. Coa limpeza dos “puntos de vertedura incontrolada perséguese minimizar e corrixir os impactos e a degradación ambiental orixinados por estes focos, logrando a integración do lugar coa contorna e eliminando o hábito entre a poboación de seguir depositando lixo nestes lugares”.

O departamento autonómico destacou que esta nova actuación forma parte dunha “campaña continuada da Xunta para identificar e erradicar estes focos, nos que se van acumulando residuos sólidos de distinta natureza co prexuízo que isto ocasiona para a contorna desde un punto de vista ambiental e estético”.

A previsión da Consellería de Medio Ambiente é destinar, neste ano, 1,5 millóns de euros a eliminar puntos de vertedura incontrolada e recuperar os espazos naturais degradados, especialmente aqueles que se atopan en zonas protexidas dentro da Rede Natura.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...