InicioMovementos sociaisCOGAMI ofrece un servizo de inserción laboral a domicilio para discapacitados do...

COGAMI ofrece un servizo de inserción laboral a domicilio para discapacitados do rural

Toñi Ares, orientadora laboral desta entidade, realiza máis de 6200 quilómetros ao ano para axudar a buscar traballo a usuarios/as que viven en entornos rurais de comarcas de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) de COGAMI está situado nas instalacións que esta entidade ten nas sete cidades galegas, pero a realidade demostra que moitas persoas que demandan o servizo viven no rural. Por este motivo, e co obxectivo de ofrecerlles a estes usuarios/as un trato persoal e unha atención máis directa, un profesional desprázase a esas zonas afastadas dous días á semana.

Toñi Ares é unha das orientadoras laborais que ten COGAMI nas instalacións de Lugo e que se despraza ata concellos que forman parte das comarcas da Ulloa, Sarria, Os Ancares, Quiroga, Chantada e Terra de Lemos. Son arredor de 6.250 quilómetros anuais os que fai para coñecer as necesidades das persoas usuarias dos concellos que atende, evitando así que se teñan que desprazar ata as cidades.

Este servizo de atención no rural está operativo dende o 2000 e o funcionamento do mesmo parte do contacto telefónico ou vía correo electrónico que fai a orientadora para concretar unha cita presencial coa persoa usuaria do servizo de emprego e formación de COGAMI. No encontro concertado posterior actualizarase o currículum, os datos persoais, inquedanzas e preferencias do demandante de emprego.

O contacto cos servizos municipais de Orientación Laboral ou de Traballo social son fluídos, co cal en caso de que unha persoa discapacitada solicite atención aos profesionais destes servizos encárganse de derivalas a COGAMI.

Nas comarcas do sur de Lugo: Sarria, Chantada, Lemos e Quiroga, están apuntadas na bolsa de emprego da entidade un total de 373 persoas. Os concellos con máis demandantes son Monforte de Lemos con 139, Sarria conta con 81, Chantada alcanza os 44, O Saviñao ten 14 e Quiroga 13.

No que levamos de ano, a orientadora laboral Toñi Ares realizou un total de 94 orientacións e logrou que 17 persoas atoparan un traballo. En canto aos perfís predominantes, unha alta porcentaxe das persoas que están inscritas na bolsa de emprego teñen incapacidade laboral para a profesión habitual, sendo estas nos sectores da construción, da pizarra e da condución.

Ademais, COGAMI imparte formacións de reciclaxe para favorecer a reinserción laboral, recentemente impartiu un de alfabetización informática no que se formaron seis persoas; e mantén o contacto fluído coas empresas da zona para sensibilizar e informar sobre os perfís das persoas que contén a base de datos. No que vai de ano, contactouse activamente con 13 empresas.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa de Galicia que eu descubrín”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...