InicioMovementos sociaisO Concello de Monforte presenta unha Guía de prevención da violencia sexual

O Concello de Monforte presenta unha Guía de prevención da violencia sexual

Este documento, realizado baixo a coordinación do Centro de Información á Muller (CIM), será unha ferramenta clave na loita contra a violencia sexual.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado venres día 28 presentouse no Concello de Monforte a Guía de prevención da violencia sexual. Este documento está realizado baixo a coordinación do persoal do Centro de Información á Muller (CIM) e impulsado pola concellería de Igualdade coa asistencia técnica de Arabías S. Coop. Galega.

O acto de presentación, que estivo nas mans de Arabías SCG, desenvolveuse en dúas partes. Unha primeira sesión estivo dirixida ao persoal municipal, e tratouse principalmente a prevención de acoso sexual no entorno laboral da administración municipal. A segunda sesión foi cara aos axentes socioeconómicos do municipio e centrouse máis na prevención da violencia sexual na cidadanía en xeral.

A guía é unha actuación específica dentro do III Plan para a Igualdade entre Homes e Mulleres (2018/2023), que ten como obxectivo coñecer e prever a violencia sexual. Deste xeito, o Concello fixa como reto actual “a adquisición dun compromiso con esta materia na que se implique a todo o municipio xerando un proceso de reflexión, sensibilización e aprendizaxe social, na medida na que se fomenta o establecemento de canles de participación da cidadanía monfortina”.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...