InicioMovementos sociaisConcentracións no sur de Lugo para rexeitar o crime machista de Vilalba

Concentracións no sur de Lugo para rexeitar o crime machista de Vilalba

María del Carmen Vázquez Cereijo, natural do concello de Vilalba, foi presuntamente asasinada polo seu marido a pasada fin de semana.

Publicado o

- Advertisement -

A pasada fin de semana María del Carmen Vázquez Cereijo, de 47 anos e residente en Vilalba, foi presuntamente asasinada polo seu marido, quen se suicidou posteriormente. Esta sería a segunda vítima mortal da violencia de xénero en Galicia no que levamos de ano.

Dende a asociación feminista Femforte afirman que “os medios que están a usar as administracións para deter a violencia contra as mulleres, ou non son suficientes, ou non son os adecuados”. Piden a revisión e avaliación de melloras nos seus códigos de actuación. “Hai que parar esta lacra con medidas de prevención, asistencia e rehabilitación adecuadas”, sinalan dende Femforte.

Como resposta ante esta barbarie, diversas asociacións feministas veñen de convocar actos de repulsa no sur de Lugo. En Monforte foi Femforte quen organizou unha concentración na Praza de Santo Antón, diante da Casa do Concello, este martes día 23 ás 20:30. En Chantada foi Pola Miúda quen chamou á cidadanía a manifestarse ese mesmo día ás 20:30 na rúa Leonardo Rodríguez.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...