InicioMovementos sociaisPrecariedade laboral que ‘encadea’ ás enfermeiras eventuais do Sergas

Precariedade laboral que ‘encadea’ ás enfermeiras eventuais do Sergas

A Deputada Paula Vázquez Verao, presente na concentración de protesta de Monforte, denuncia que os contratos en precario que realiza a Xunta imposibilitan a conciliación familiar e laboral. Acusa tamén de mentireiros ao xerente do Sergas e ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Publicado o

- Advertisement -

O Consello de Contas, nos seus informes de fiscalización referidos ao Sergas, remitidos este mes de xullo ao Parlamento, indica que “os índices de temporalidade continúan sendo altos, 40% en atención especializada e 28,1% en primaria -datos de 2017-, observándose un incremento interanual deles. No ano 2016 situábanse, respectivamente, nun 37,6% e nun 26,3%”.

Segundo a deputada Paula Vázquez Verao, dende o Consello de Contas desmenten as falacias do xerente do Sergas e do propio Presidente Feijóo, cando afirmaron que a precariedade “non é unha situación habitual, o 85% do persoal do Sergas ten vínculos estables” e que o 88% do persoal do Sergas ten un “nomeamento definitivo”. “Nin se poñen de acordo nas cifras da mentira” engade a parlamentaria Vázquez Verao.

As protestas das enfermeiras eventuais, a maioría mulleres, teñen a súa razón de ser no mantemento por parte do Sergas do ritmo de traballo, de esixencia profesional e da contratación en precario, encadeando contratos durante anos que o único que provocan é cronificar unha situación de ‘inestabilidade e incertidume’ que imposibilita calquera tipo de conciliación familiar e laboral, e incluso proxectos vitais a nivel persoal e familiar.

Paula Vázquez Verao, presente na concentración diante do Hospital Comarcal de Monforte afirmou que “a Xunta condena ás enfermeiras eventuais a non poder decidir en liberdade se teñen descendencia, e logo éncheselle a boca con promesas sobre impulso demográfico”, e tamén que “o contrato que pretendía dar continuidade e estabilidade ao colectivo da enfermaría non resolve os problemas, o Sergas ten que ofertar as prazas necesarias para garantir a estabilidade laboral e uns servizos dignos con persoal suficiente”.

As enfermeiras eventuais do Sergas viven sometidas a un ritmo de traballo que esixe, durante anos, concatenación de contratos, non ter vacacións, permisos de maternidade ou baixas laborais, polas penalizacións que se impoñen ao non aceptar ofertas de traballo, e que impón unha mobilidade extrema entre servizos e ausencia total de posibilidades de conciliación familiar e social.

Asemade, o Grupo Mixto interpelará aos responsables da Consellería de Sanidade polas numerosas incidencias vividas durante o verán. A decisión arbitraria dos masivos peches de camas e servizos no verán, así como a non cobertura das vacacións do persoal provocan colapsos en Urxencias, demoras na obtención de cita en Atención Primaria e caos organizativo nos servizos.

ÚLTIMAS

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se...