O eólicos poñen en perigo que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio da Humanidade?

A Plataforma Stop Eólicos denuncia que a política da Xunta, autorizando os parques eólicos de Paradela e Serra das Penas, pon en risco a incorporación deste territorio á lista de Patrimonio Mundial da UNESCO.

Parque eólico Paradela. Fonte: Xan Valcárcel

A plataforma Stop Eólicos enviou un informe á Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) no que explica a “problemática” que supoñen as autorizacións eólicas da Xunta nos parques de Paradela e Serra das Penas (Ourense).

A xuízo da organización, a instalación destes aeroxeradores “afecta negativamente as candidaturas da Ribeira Sacra, do Courel e de Serra do Oribio a converterse en Reserva da Biosfera de Galicia”, segundo explicou a entidade.

As reservas da biosfera, por definición, cumpren unha función de conservación, destinada á protección da biodiversidade, os ecosistemas e as paisaxes, algo de todo incompatible coa implantación dun parque eólico nun dos senlleiros macizos montañosos de Galicia.

Máis información en Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here