InicioTerra de LemosMonforteMellora no acceso ao centro da Asociación Albores de Monforte

Mellora no acceso ao centro da Asociación Albores de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

O centro de rehabilitación psicosocial e laboral da asociación Albores contará nos vindeiros días con nos accesos peonís e para vehículos

Nestes días o camiño de servizo da Ronda Emilia Casas Baamonde está sendo mellorado en canto ao firme e acceso peonil se refire. Os traballos están sendo realizados nun treito de 570 metros, dende a intersercción da Barxa ata o camiño dos Codesos, na marxe dereita da estrada. Este arranxo ten unha duración estimada de unha semana. Durante este tempo vanse recher as fochas producidas pola choiva, limpeza das marxes, reposición de xeometría do pavimento e estendido de dobre tratamento superficial bituminoso no treito de actuación.

Julia Rodríguez con veciños da zona e membros da Asociación Albores. Fonte: PP Monforte

asociación albores

A Asociación Albores ten o seu acceso polo camiño que se está a arranxar. O equipo da popular Julia Rodríguez visitaron en reitadas veces as instalacións do centro e transladaron as súas peticións ás distintas administracións.

A voceira do PP, Julia Rodríguez, agradece os traballos de reparación e mantemento que está a acometer a Xunta na vía e saliente especialmente a mellora que supón para o acceso ao centro de rehabilitación psicosocial e laboral.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...