InicioMovementos sociaisO parque infantil López Suárez, abandonado polo goberno municipal

O parque infantil López Suárez, abandonado polo goberno municipal

O estado actual do parque infantil que está diante do cuartel da Garda Civil de Monforte, presenta un estado grave de deterioro pola cantidade de usuarios que acoden a el cada día

Publicado o

- Advertisement -

O estado de abandono e deterioro no que se atopa o parque infantil López Suárez é obxecto contínuo de numerosas queixas por parte dos usuarios. “As condicións nas que se atopa o mobiliario deste parque representan un perigo para os cativos que alí se achegan a desfrutar das instalacións”, segundo declara Emilio J. Sánchez.

A rotura dos bancos e do peche de madeira, o estado da fonte, os báculos e as farolas estragadas, así como o aspecto do céspede, precisan dunha reparación urxente.

Ante tal cúmulo de circunstancias, o BNG reclámalle ó Concello que tome as medidas oportunas para garantir unha seguridade no uso deste parque, onde os cativos poidan xogar sen pór en risco a súa saúde. De igual forma, tamén reclama que se dote ás instalacións de novos elementos de xogo.

estado actual das instalacións

Banco do parque López Suárez/BNg LugoSul

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...