InicioMovementos sociaisAuxilia, a asociación onde a solidariedade non ten límites

Auxilia, a asociación onde a solidariedade non ten límites

A Asociación Auxilia foi creada en Barcelona en 1952 onde prima o voluntariado e ten como obxectivo loitar contra a desigualdade entre outros

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Auxilia, creada e coordinada nos seus comezos polo sacerdote Xesús Mato, como xa informou o XdL, ten como obxectivo proporcionar soporte ás persoas con discapacidade e enfermos de larga duración. Nenos, xóvenes e adultos teñen en Auxilia o apoio absoluto para a súa plena incorporación, ou se é o caso, reincorporación na sociedade mediante a prestación de axuda cultural a través do ensino, de actividades deportivas, de ocio e de tempo libre en todas as áreas que sexan necesarias.

Dende Auxilia levan máis de medio século cunha loita constante contra a desigualdade, a falta de formación, a marxinación social, o subdesenrolo e a exclusión de persoas con discapacidade e enfermos severos. Todo este traballo levase a cabo a través  do impulso de iniciativas capaces de conseguir xustiza, igualdade de oportunidades, educación, tolerancia, solidariedade e compromiso ético e humano. E é que a súa visión está fundamentada nos dereitos humanos, onde toda persoa está considerada en virtude da súa dignidade e dereitos esenciais, e por ende, é xestora rigurosa do seu progreso persoal e social, para así alcanzar unha calidade de vida digna.

actividades de auxilia monforte

Máis de 450 voluntarios traballan en España para que a inserción social, laboral e cultural dos seus usuarios sexa unha realidade diariamente.

En Monforte, como noutros moitos concellos de España, Auxilia leva a cabo un admirable labor de axuda e integración. A programación de actividades ó aire libre, sobre todo no verán, é unha máxima.

Deste xeito, o xoves 21 de xuño ás 14:30 na área recreativa de Ribalsaltas, celebrán un xantar de confraternidade para poñer fin a outro curso máis. Logo, ás 17:30 horas, os alí presentes gozarán dun festival de música a cargo de usuarios da entidade.

O luns 25 teñen programada unha excursión ó Zoolóxico de Marcelle. Para esta saída, os interesados deberán presentarse ás 10 da mañá no aparcamento do Parque dos Condes para coller un bus que os deixará de volta no mesmo punto ó redor das 8 da tarde.

Zoológico Marcelle/G.M.

ÚLTIMAS

Roteiro Literario para coñecer as localizacións da novela “A Boca do Monte”, en Quiroga

Preto dun cento de estudantes do IES As Lagoas de Ourense coñeceron o pasado...

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...