Reunión informativa da Plataforma en Defensa do CEIP Frei Luís de Granada

Na xuntanza haberá unha sesión para resolver dúbidas de carácter técnico e unha asemblea.

Casa da Cultura de Sarria / XdL

A plataforma cidadá creada para defender os intereses da comunidade educativa e das familias afectadas polos graves problemas estruturais do CEIP Frei Luís de Granada de Sarria convocou un encontro técnico e unha asemblea para este domingo 16 de febreiro ás 18:00 h. na Casa da Cultura.

A convocatoria ten un primeiro punto moi interesante no que se intentarán resolver dúbidas de carácter técnico relacionadas co estado do edificio. Falarán e responderán todas as preguntas que lles formulen, a arquitecta Laura Rodríguez, José Luis Parga, arquitécto técnico, Lourdes Pombo, enxeneira técnica industrial experta en estruturas e un representante sindical do ensino.

A continuación desta sesión informativa para aclarar dúbidas relacionadas cos aspectos arquitectónicos e a seguridade terá lugar unha asemblea da plataforma. A orde do día está accesible no Telegram.

Secuencias de imaxes sobre o problema xerado no CEIP de Sarria

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here