InicioMovementos sociais"Feijóo non é dos Peares, Feijóo non ten casa nos Peares", A...

“Feijóo non é dos Peares, Feijóo non ten casa nos Peares”, A Voz dos Peares

Así de claro se expresa a plataforma crítica "A Voz dos Peares" nunha entrevista que lles fixo o colectivo Segredos de Pantón.

Publicado o

POR
Segredos de Pantón
- Advertisement -

Para comezar coa entrevista queríamos saber como comezou o voso proxecto?

A voz dos Peares nace como unha iniciativa veciñal, para dar a coñecer o descontento e fartura de moitas veciñas e veciños da vila dos Peares polo emprego partidista e descarada que fai Alberto Nuñez Feijoo da nosa vila. A iniciativa, ou plataforma, nace cun obxectivo fixo, destapar as mentiras de Feijóo sobre a súa vinculación e con evidencia empírica, Feijóo non é dos Peares, Feijóo non ten casa nos Peares, Feijóo só vén aos Peares coas cámaras de televisión.

Levábamos anos calando e erguendo a voz a título individual, pero esta vez quixemos dar voz, dar voz aos Peares, a uns Peares sen utilización política, uns Peares diverso no que collamos todos e todas e que non sexa utilizado como reclamo político.

“Feijóo non é dos Peares, Feijóo non ten casa nos Peares, Feijóo só vén aos Peares coas cámaras de televisión”.

Todas sabemos que tivo moita sona unha pancarta que colgastes na vosa vila dos Peares, que aconteceu ao redor disto? Cal era a vosa intención ao colgar esta faixa?

Todo rebentou o xoves 25 de xuño, día no que se colocaba a pancarta, previa a aparición cirquense de Feijóo nos Peares, no seu acto de apertura de campaña, vir, dar catro apertas, facerse o neno de aldea e a seguir. Despois disto armouse o rebumbio, algúns alcaldes das diferentes zonas baixaron escopeteados a sacar fotos, e a buscar culpables. Algo fallaba na preparación do circo de Feijóo, Feijóo xa non chegaba ao seu feudo, non era benvido. Enterámonos pouco despois que desde as altas cúpulas do partido popular, ordenaran a veciños afíns o Partido Popular botar abaixo a pancarta.

Pero non ían quedar de brazos cruzados deixando que a nosa pancarta fixera sombra as súas, esa mesma noite empapelaron o pobo cunha chea de pancartas paternalistas alabando a Feijóo. Como conseguiron “veciños dos Peares” facer 4 pancartas de imprenta nun día? Non se sabe. E toda esta guerra de pancartas deunos a razón sobre algo que xa sabiamos, Feijóo utiliza os Peares maquillado para facer campaña, é o seu modus operandi, modificar toda realidade para dar imaxe de estabilidade.

“Somos dos Peares e Feijóo non nos representa”.

Con todo isto o que buscamos e evidenciar a realidade, de que “Somos dos Peares e Feijóo non nos representa”, de que estamos cansos e cansas da utilización que fai de nós como pobo.

O voso colectivo ten unhas bases ou piares, cales son?

A nosa plataforma ten varios piares. Por un lado está a actual liña que é a denuncia da utilización política e das mentiras de Feijóo con respecto á súa vinculación cos Peares. A segunda das liñas é a da denuncia da situación administrativa, e o abandono da vila dos Peares . O outro dos piares, tamén é a promoción dos Peares, das súas riquezas, historia e a súa marabillosa e única contorna.

Vista dos Peares / SdP

Cales son as cousas que queredes realizar nos diferentes barrios que conforman Os Peares?

Evidentemente o principal é o cambio urbanístico, non hai máis que ver o estado de deterioro e abandono urbanístico da aldea, que deixa en moi mal lugar a grandiosidade da paisaxe que non é mérito de ningún político.

“A nosa reivindicación inicial é conseguir unha ‘Entidade menor’, é a única maneira de saír do letargo e funcionar coma un concello”

A nivel de opinión, pensades que Os Peares debería de cambiar de forma organizativa e mudar nun concello propio?

Dende a posta en funcionamento do Consorcio en 1999, no cal puxemos tódalas ilusións e despois de 21 anos de funcionamento, o Consorcio foi un fracaso a pesar de todo o que prometeron nun principio. A nosa reivindicación inicial é conseguir unha “Entidade menor”, é a única maneira de saír do letargo e funcionar coma un concello. Vémola coma a solución ó conflito de intereses que aquí se xeran, por parte dos distintos concellos.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...