InicioMovementos sociaisPresentación oficial da Plataforma Salvemos o Malecón

Presentación oficial da Plataforma Salvemos o Malecón

Este martes, 28 de xullo, presentouse no rexistro do Concello de Monforte de Lemos un escrito anunciando oficialmente a creación da plataforma “Salvemos o Malecón”. A plataforma inicia a busca de locais e establementos comerciais que apoien as súas reivindicacións colocando o logo Salvemos o Malecón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No documento presentado no Concello, figuran os obxectivos da plataforma, que son, segundo sinalan: 

  • Informar de forma rigorosa do proxecto de construción dunha ponte de ferro de enormes dimensións para o tráfico rodado no medido da contorna natural do Paseo do Malecón, en pleno centro de Monforte, de forma que a xente poda ter unha opinión veraz e certeira do proxecto que se pretende levar a cabo.
  • Concienciar do erro irreparable que suporía levalo adiante, xa que faría inviable encamiñar a Monforte cara un modelo de cidade con futuro: saudable, sostible, accesible, peonil, aberta á xente e a espazos verdes no centro da vila, tal e como se vén facendo en cada vez máis cidades e vilas de todo o mundo.
  • Estudar e propoñer opcións alternativas ante a necesaria peonalización da Ponte Vella, a fin de que sexan más eficaces coa mobilidade e respectuosas co medioambiente e a saúde.

A plataforma comeza tamén unha campaña de búsqueda de propietarios de locais comerciais (tanto en uso como baleiros) que se amosen identificados cos seus obxectivos para animalos a que coloquen nun lugar visible do seu local un cartel co logo de “SALVEMOS O MALECÓN” co obxectivo de colaborar a difundir a nosa mensaxe. Aquelas persoas interesadas poden poñerse en contacto coa plataforma a través do correo electrónico salvemosomalecon@gmail.com ou enviado unha mensaxe privada a través do facebook da plataforma.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...