InicioMovementos sociaisExposición “África en la mirada de los niños” en Sarria

Exposición “África en la mirada de los niños” en Sarria

A exposición reúne máis de 40 fotografías realizadas polos voluntarios Pablo Llácer e Eva Pombo. Nelas móstrannos, a través dos seus retratos, as realidades e situacións captadas polos seus obxectivos nas súas viaxes solidarias realizadas coa ONG sarriá Hospitaleros Sin Fronteras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ONG Hospitaleros Sin Fronteras, en colaboración co Concello de Sarria organiza esta mostra fotográfica na Antiga Prisión, Avenida da Mercede 8 de Sarria do 4 ao 18 de decembro. A entrada é libre e o horario de mañás para poder vela de 9 a 14:00 h. Polas tardes consultar antes no teléfono 652 51 71 99.

Pablo Llácer, fotógrafo de Canals, presenta “TALIBÉS”. Trátase do seu último proxecto fotográfico documental, esta vez coa función solidaria de iluminar aos nenos talibés de Senegal, aos que axuda a ONG Hospitaleros Sin Fronteras coa que Pablo colaborou en febreiro de 2019. Destaca no traballo de Pablo o desexo de conectar coas persoas e captar o momento transcendental, auténtico e verdadeiro, mediante o retrato. En palabras súas “capturar o espírito e a esencia doutro ser humano” e “cambiarnos coa mirada sincera destes nenos e involucrarnos como parte do posible cambio”.

Eva Pombo, colaboradora actual da ONG, móstranos “TERÁNGA”, unha selección de instantáneas vividas na súa viaxe solidaria coa ONG en febreiro de 2020 a Saly, no Senegal. Teránga é a palabra que define o espírito da Hospitalidade en Senegal, asociado á tolerancia, o respecto e a axuda. Con esta colección de imaxes, Eva desexa poder transmitir aos ollos do espectador o significado de Teránga. Faino co obxectivo de conseguir, a través dos retratos, que se capten os froitos do traballo enriquecedor de Hospitaleros Sin Fronteras e a esencia do significado de Teránga nas miradas dos protagonistas destas fotografías, sobre todo dos máis pequenos.

Cartel

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...