InicioMovementos sociaisA Asociación Veciñal do Saviñao 'fai súas' varias queixas da veciñanza de...

A Asociación Veciñal do Saviñao ‘fai súas’ varias queixas da veciñanza de Vilasante

Denuncian un posible caso de contaminación por filtración de augas do sumidoiro e o abandono da área pública da fonte e o lavadoiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Veciñal do Saviñao, a través da súa Presidenta Celia Ferreiro Riazor, vén de remitir días atrás un escrito á Alcaldía e aos partidos da corporación municipal do Concello do Saviñao para facerlles chegar unha queixa da veciñanza de Vilasante.

Segundo recolle o escrito presentado, os veciños deste lugar dirixíronse á asociación para denunciar unha posible filtración das augas do sumidoiro que vai soterrado por debaixo da estrada que está a contaminar o cauce do rego de Mosiños; e tamén para solicitar melloras na área pública da fonte e o lavadoiro de Vilasante que hoxe aparece cuberta pola vexetación.

A Asociación Veciñal do Saviñao, facendo súas estas queixas que din “non  foron atendidas ata agora pola Alcaldía”, dirixiuse por escrito ao goberno municipal e á oposición para que poñan solución aos problemas referidos.

Solicitan en concreto “a reparación do tubo do sumidoiro que está estragado para evitar que se esparexan as augas negras que baixan ata a vella depuradora, e tamén o acondicionamento da área pública do lavadoiro e fonte para que sexa un lugar de reunión e memoria dos veciños de Vilasante”.

Como remate á súa comunicación piden tamén da Alcaldía e dos partidos da corporación que o tema sexa tratado nun Pleno.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...