InicioMovementos sociaisMobilizacións do 11-D, impulsadas por "Eólicos así non!" no Día das Montañas

Mobilizacións do 11-D, impulsadas por “Eólicos así non!” no Día das Montañas

A Coordinadora "Eólica Así Non", integrada por máis de 170 colectivos, convoca a todas as galegas e galegos ás mobilizacións que terán lugar en diferentes puntos da xeografía galega o vindeiro 11 de decembro, Día das Montañas, baixo o lema "Na defensa das montañas. Eólica Así Non".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde IGV, integrante da Coordinadora, defenden a xeración distribuída e un canon digno sobre a enerxía que reverta e beneficie no rural. E que as áreas de valor ecolóxico estean libres de “quen pretenden arrasar o territorio mentres zugan inxentes cantidades de fondos europeos co beneplácito dos principais partidos políticos.”

As plataformas e colectivos da Coordinadora asinaron este verán un manifesto no que se amosan a favor das enerxías renovables, pero sempre que sexan sustentables, “non á costa da destrución do medio ambiente e comprometendo a calidade de vida das galegas e galegos. Demandamos un novo marco normativo que contemple e cumpra as seguintes dez premisas de cara a un novo modelo de desenvolvemento eólico na Galiza: 

  1. Moratoria das instalacións en tramitación, sexan competencia da Xunta ou do Estado español, e redacción dun novo Plano Sectorial Eólico sometido a avaliación ambiental estratéxica.
  2. Protección dos servizos ecosistémicos que prestan a biodiversidade e a xeodiversidade.
  3. Ampliación da superficie protexida de Galiza. Só o 11,5% da supeficie galega está ambientalmente protexida.
  4. Unha transición ecolóxica ordenada, xusta e ao servizo do país. O pobo galego debe ser quen decida sobre o aproveitamento dos seus recursos e o seu modelo económico, capaz de procurar un equilibrio territorial e ambiental, que evite a destrución de emprego e a emigración, e que pule pola enerxía como ben básico ao servizo do pobo.
  5. Fomento do aforro, a eficiencia e a autosuficiencia e soberanía enerxética, o fomento do autoconsumo, produción a pequena escala e a xestión pública galega. A transición enerxética debe partir dun plan orientado á redución das necesidades da sociedade e medidas de xestión da demanda. Fronte á produción ilimitada, os recursos enerxéticos de Galiza deben basearse en criterios de aforro, eficiencia e autosuficiencia enerxética.
  6. Data de caducidade para as concesións eólicas existentes .
  7. Capacidade local de decisión. Os parques eólicos son considerados por defecto de “utilidade pública”, malia ser de iniciativa privada, prevalecendo por riba de calquera outro dereito e implantándose sen diálogo social. Apoiamos que propietarios/as das terras afectadas teñan capacidade de negociación coas promotoras dos parques eólicos e que se elimine o dereito da expropiación directa.
  8. Esiximos unha normativa xusta para a sociedade, non a favor do lobby eólico. Deben derrogarase as “leis de depredación” que fan imposible que a consulta pública dos proxectos sexa participativa, real e efectiva.
  9. Cumprimento da normativa para a protección do medio ambiente.
  10. Paralización e prohibición dos muíños eólicos próximos a núcleos de poboación. O actual modelo eólico prevé que aeroxeradores -que hoxe superan os 150 metros de altura- se coloquen a 500 metros das vivendas, unha distancia claramente insuficiente que ten efectos na calidade de vida das persoas, fomentando o empobrecemento da sociedade rural, depreciando os seus bens materiais, culturais e ambientais, constituíndo unha motivación máis para abandonar o rural.”

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...