InicioMovementos sociaisA piques de finalizar o 25 N preguntámonos, realmente estase erradicando a...

A piques de finalizar o 25 N preguntámonos, realmente estase erradicando a violencia de xénero?

Hoxe 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de xénero. Vinte e cinco anos despois da súa instauración, as accións violentas contra mulleres continúan. As novas xeracións están reproducindo roles nas relacións que deberían terse superado. A implantación dun método educativo que axude á eliminación de estereotipos sexistas sería unha das solucións.

Publicado o

- Advertisement -

As políticas e iniciativas dirixidas á eliminación da violencia machista tiveron nos últimos anos unha importante implementación. Aínda así, o camiño aínda se comezou a andar. Máis de dúas décadas despois de instaurar a celebración do día que pide a eliminación de todo tipo de acto violento contra as mulleres, no noso país seguen aparecendo casos de agresións machistas. A todo isto, engádeselle tamén unha especie de “retroceso” na educación afectivo-sexual entre a xente máis nova menor de dezaoito anos. Un dato que algunhas institucións e expertos consideran preocupante.

A ONU declarou o 25 de novembro como o día que recorda a todos e todas que algo falla na sociedade, ou sociedades, porque é un problema planetario. Tanto era e é así que houbo que tomar cartas no asunto, crear un compromiso mundial sobre algo que, coñecido, era aceptado como un elemento máis no transcorrer das sociedades fosen cales fosen os seus valores e principios.

Pódese ler a noticia completa no Galicia Confidencial

ÚLTIMAS

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...