No Courel tamén se concentraron contra a violencia machista

Unhas 30 persoas desafiaron a choiva e mobilizáronse na localidade de Folgoso do Courel para condenar esta lacra social.

Ilustración contra a violencia de xénero

A concentración polo asasinato da veciña de Valga tivo lugar este 12 de marzo ás 20:00 h. diante do ambulatorio de Folgoso do Courel. A convocatoria partiu dun grupo de mulleres da zona, a maioría da Anpa.

Concentración de repulsa contra a vilencia machista en Folgoso do Courel / Foto Cedida

Ao redor dunhas 30 persoas desafiaron a intensa choiva para denunciar un novo caso de violencia machista en Galicia e a continuación ler un manifesto. Empezaron a lectura unhas nenas de 8 e 9 anos e seguiron outras mulleres alí presentes.

Unha das faixas que había na concentración
Outra faixa de repulsa que portaban as/os asistentes.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here