Mario Docasar, “CC.OO. é a primeira forza sindical da zona sur”

A Secretaría de Acción Sindical agradece o apoio recibido en moitas empresas da zona tras as últimas eleccións sindicais.

Sede de CC.OO. en Monforte / XdL

No comunicado de prensa realizado fan público o agradecemento a todos os implicados e implicadas nos procesos electivos para acadar, en moitas importantes empresas da zona, delegados/as sindicais.

Citan expresamente que acadaron delegados/as nas seguintes empresas: Panadería Quiroga, Piscilor de Quiroga, B.P.C. Suministros, Jamonería Capitol, Restaurante La Polar e Talleres Renault de Monforte.

Os resultados, segundo Mario Docasar, son froito dun labor sindical de proximidade onde máis do 66% de delegados/as pasáronse a CC.OO. sendo esta a primeira forza sindical da zona sur.

Vistos os resultados, Docasar insiste no agradecemento ás plantillas destas empresas pola confianza e lembra que a asesoría laboral e sindical está dispoñible todos os días e de xeito gratuíto, en horario de mañá e de tarde, para que a cobertura ás necesidades dos traballadores sexa o máis completa posible.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here