InicioMovementos sociaisViolencia machista e medios de comunicación

Violencia machista e medios de comunicación

O Concello de Sarria, dentro do Programa ‘Vivas e Visibles”, organiza un interesante encontro con catro xornalistas para abordar este tema o venres 22 de marzo.

Publicado o

- Advertisement -

Marzo é o mes da muller e ao longo do mesmo véñense celebrando na vila diferentes actividades dirixidas á súa visibilización, a poñer en valor a súa aportación á historia da humanidade, de Galicia e de Sarria.

Este venres, día 22 de marzo, a Casa da Cultura acollerá ás 20:00 h unha máis, neste caso trátase dunha táboa redonda composta por catro xornalistas para debater sobre medios de comunicación e violencia machista. Moderará o encontro María Xesús López Escudeiro, coordinadora do Programa Vivas e Visibles,

As xornalistas que participarán no debate son Elisa Beni, Fernanda Tabarés, Ana Casanova e Laura López.

Elisa Beni, coñecida por ser colaboradora de opinión televisiva en La Sexta, nos programas “Más Vale Tarde” e “La Sexta Noche”, en Antena 3, no programa “Espejo Público” e tamén puntualmente nas canles autonómicas de Telemadrid, TV3 e ETB. No eido radiofónico colabora en Onda Cero, no programa “Julia en la Onda”, e tamén como columnista nos diarios dixitais eldiario.es e elnacional.cat.

Fernanda Tabarés, que foi directora de V Televisión e guiou con moito éxito o programa de actualidade política “Vía V”. No ano 2013 foi galardonada co Premio Mestre Mateo á Mellor Comunicadora e na actualidade é directora da produtora Voz Audiovisual.

Ana Casanova, xornalista de El Progreso, xornal ao que se incorporou no ano 2000 formando parte das seccións informativas de suplementos, local e principalmente sucesos e tribunais. Desde 2006 exerce como delegada deste medio en Sarria e contorna comarcal.

Laura López traballa desde o 2006 en La Voz de Galicia levando información de diferentes delegacións: Sarria, Monforte de Lemos, Ferrol, Carballo, Viveiro e Ribeira. Desde 2011 mantense na delegación deste xornal en Lugo.

Catro profesionais do mundo da información, de traxectoria contrastada, que darán a súa visión e debaterán sobre o tratamento actual dos medios de comunicación en relación á violencia machista

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...