InicioOpiniónAs paisaxes na Ribeira Sacra, noso patrimonio

As paisaxes na Ribeira Sacra, noso patrimonio

Publicado o

POR
Felipe Castro López
- Advertisement -

O concepto de paisaxe como “extensión do terreo que se vei dende un lugar” emprégase de maneira diferente en varios campos de estudo, aínda que en todos eles leva implícita a existencia dun suxeito observador, o que mira, e dun obxecto observado, o territorio. É por isto que a paisaxe adquire unidade e independencia grazas á atención que alguén lle presta. Xa o filósofo e sociólogo alemán de finais do século XIX e principios do XX, Georg Simmel, nun artigo titulado “Filosofía da paisaxe”, reflictíu que “a delimitación, ao estar comprendido nun horizonte visual momentáneo ou duradeiro, é absolutamente esencial para a paisaxe”. En efecto, se a natureza é a conexión sen fin das cousas, a paisaxe en cambio, é un pedazo ou un recorte.

Considérase tamén que a paisaxe é a imaxe que cada individuo capta dunha realidade na que se integran, por unha parte, factores obxectivos: uns xeográficos e xeomorfolóxicos, outros bióticos e outros culturais; e, por outra parte, factores subxectivos orixinados pola estreita relación que ten a visión do espectador coa súa propia sensibilidade, cultura e estado anímico, xunto con outros factores diversos que non só se ven, senón que tamén se palpan, escoitan ou cheiran como o bramar do vento, o canto dos paxaros, o cheiro das frores…

Debido á existencia de todos estes factores, segundo cales sexan os prioritariamente presentes, poderemos clasificalas principalmente en paisaxe natural e paisaxe cultural.

Canón do Sil / Felipe Castro

PAISAXE NATURAL

En esencia, asimilamos unha paisaxe natural como aquel espazo no que o ser humano non interveu e, polo tanto, non a modificou; pero, se nos cinguimos a isto, na actualidade non atopariamos no noso país ningunha paisaxe destas características e, polo tanto, admitiremos como natural aquela paisaxe na que non se observe, a simple vista, a intervención humana, aínda que poida existir.

Os principais elementos que poden compoñer a paisaxe natural son, por unha parte, a xeomorfoloxía como as montañas, chairas, vales, covas, formacións rochosas…; por outra parte, os cursos fluvias como regos, ríos, lagoas e lagos; por outra, a flora silvestre que atopamos en bosques, matogueiras…, e a fauna silvestre como mamíferos, aves, peixes, insectos… 

PAISAXE CULTURAL

Na paisaxe cultural, ao contrario do que atopamos na paisaxe natural, é doado percibir a intervención humana e, polo tanto, asimilamos como tal aquela paisaxe que, partindo da natural, a humanidade foi mudando para poder desenvolver a súa vida no territorio e satisfacer as súas necesidades. Neste senso, esta paisaxe é o resultado da interacción no tempo das persoas e o medio natural e dos procesos que se producen ao longo do tempo nun territorio, determinándose complexa ao poder coincidir compoñentes naturais e culturais, materiais e inmateriais.

Os principais elementos que caracterizan a paisaxe cultural son todos aqueles que están relacionados coa actividade humana, dende o principio dos tempos ata a actualidade. Así, destacan os xacementos arquelóxicos, o patrimonio histórico e arquitectónico, o industrial e mineiro, o rural e etnográfico e o inmaterial, que as diferentes culturas foron espallando polo territorio.

 

Adegas de Vilachá / Felipe Castro

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...