InicioOpiniónOPINIÓN: A arte funeraria na contorna de Monforte (Parte II)

OPINIÓN: A arte funeraria na contorna de Monforte (Parte II)

Pequenos apuntamentos sobre edificacións monfortinas de carácter relixioso que acollen sepulcros de grande interese histórico.

Publicado o

POR
Xosé Martínez Rodríguez
- Advertisement -

Artigo que complementa e dá continuación a un artigo anterior do mesmo autor.

A igrexa do Colexio de Nosa Señora da Antiga: o cardeal Rodrigo de Castro.

No tocante a Monforte coñecemos o sepulcro dalgún persoeiro sobranceiro do pasado como o caso do cardeal Rodrigo de Castro na igrexa do colexio por el fundado e coñecido hoxe principalmente como Colexio dos Escolapios, pero tamén chamado de Nosa Señora da Antiga do Cardeal e da Compañía. Tamén dispuxo ser enterrado nesta igrexa, na capela do Santo Cristo, Simón de Monasterio, arquitecto que remata o templo en 1619.

A igrexa de S. Vicente do Pino: o abade Espasando e o abade Diego García.

Noutra igrexa notable da cidade, a de S. Vicente do Pino atópase o sepulcro do abade beneditino Diego García que viviu no século XIV e que algúns estudosos vinculan coa lenda local da coroa de lume. Tamén se relaciona con esta igrexa a lamentablemente hoxe non exposta urna cineraria do abade Espasando, un dos máis importantes do mosteiro de S. Vicente na alta idade media.

Convento e a igrexa de Santa Clara: os condes de Lemos e frei José de Carabantes.

Na igrexa do Convento das Clarisas, nun lateral e baixo un escudo do cardeal Rodrigo de Castro, posiblemente procedente do desaparecido Convento de Santo Antonio, atópanse lápidas que nos lembran que tras ser dito convento de S. Antonio o panteón dos condes de Lemos pasou a selo o convento de Santa Clara.

En concreto as lápidas que se atopan na igrexa fan referencia aos enterramentos dos VII condes de Lemos Pedro Fernández de Castro e Catalina de la Cerda y Sandoval, ao da dona do X conde de Lemos Ana de Borja e ao do XI conde de Lemos Ginés Fernando Ruiz de Castro. Nesta igrexa tamén se atopa alusión aos pés da mesma ao falecemento do que foi capelán das clarisas durante uns anos no século XVII o beato frei José de Carabantes.

Convento de Santa Clara. Fonte: turismo.gal

O desaparecido convento de Santo Antonio e a súa igrexa. O panteón dos condes de Lemos e a capela dos Gaibor.

As obras do convento de Santo Antonio, que se atopaba no Campo de Santo Antonio, comezaron en 1503 e foi derrubado no século XIX trala desamortización.

Na capela maior, segundo o historiador monfortino Germán Vázquez, tiñan os condes de Lemos o seu panteón. Concretamente Germán Vázquez no libro Historia de Monforte y su tierra de Lemos sinala o seguinte ao respecto:

“En la capilla mayor tenían los condes de Lemos su panteón; Cotarelo menciona los siguientes sepulcros:

Don Rodrigo Enríquez Osorio, II conde fundador del convento.

Doña Beatriz de Castro, III condesa

Don Pedro de Castro, obispo de Salamanca y de Cuenca (fillo da III condesa de Lemos)

Don Antonio de Castro, caballero de Santiago (fillo tamén da III condesa de Lemos)

Don Pedro Fernández de Castro “El Viejo”, V conde de Lemos

Doña Teresa de la Cueva y Bobadilla, esposa del V conde

Don Fernando Ruiz de Castro, VI conde, y otros. Entre estos deben consignarse los dos maridos de la III condesa, doña Beatriz: don Dionís de Portugal y don Álvaro Osorio.

A partir del VII conde de Lemos fue panteón familiar de la casa de Castro de los condes de Lemos el convento de Franciscanas Descalzas”.

Germán Vázquez lamenta deste xeito a demolición do convento:

“Se echa de menos (…) que decidida la incalificable resolución de tirarlo por tierra, no se hubieran tomado las mínimas prevenciones para salvar todo lo artístico que encerraba y, de un modo especialísimo que no desmontasen los sepulcros ordenadamente”.

Unha capela da igrexa estaba vinculada aos Gaibor, a familia xudía e logo xudeu conversa máis importante a nivel local. Na capela atopábase unha lápida que pasou, segundo o investigador local Felipe Pardo, a unha casa do centro histórico de Monforte antes de trasladarse á súa localización actual (Museo Provincial de Ourense). A inscrición da lápida é a que segue (o que figura entre paréntese) foi completado polo mencionado investigador Felipe Aira:

“AQUÍ IACEN JUAN DE GAIBOR Y SU IJO JORGE DE GAIBOR FUNDADOR DESTA CA (PILLA FUE) RON VECINOS Y REGIDORES DESTA VILLA.”

De volta á igrexa de S. Vicente

Cómpre sinalar que aquí foi enterrado o VIII conde de Lemos do que está exposto un retrato seu sendo xa monxe no Museo de Arte Sacra das Clarisas.

San Vicente e os IV condes de Lemos. Os arcosolios da igrexa de S. Vicente probablemente estivesen destinados a acoller sepulcros aínda que hoxe só o fagan no caso do abade Diego García. De feito estivo vinculado ao enterramento dos IV condes de Lemos o lugar onde actualmente se atopan os retablos dedicados a Santa Escolástia a a Santa Xertrude a Magna. Á parte dos arcosolios, hoxe ocupados polos retablos citados,destacan o programa arquitectónico e pictórico que os rodea.

A igrexa da Régoa: o sepulcro dun abade e Francisco de Moure.

Finalmente na desaparecida igrexa medieval de Sta. María da Régoa, que se atopaba na praza de España, estivo o sepulcro dun abade, segundo algúns estudos Andrés Pardo. O sepulcro atópase actualmente no Museo Provincial de Lugo. En canto á figura de frei Andrés Pardo é vinculada por algúns estudosos de temas monfortinos á famosa lenda local da coroa de lume.

Cómpre sinalar tamén que nesta igrexa foi enterrado o grande escultor galego Francisco Moure falecido en Monforte en 1636 antes de poder rematar o retablo da igrexa do colexio do Cardeal no que estaba traballando.

Germán Vázquez en Historia de Monforte y su tierra de Lemos ocúpase con estas palabras da demolición da igrexa da Régoa:

“El derribo fue realizado. Pero aquel concejo que creó la Junta de Demolición (…) olvidó lo de más valor, lo que tenía histórica importancia y sentimental entidad: las cenizas del gran escultor gallego Francisco de Moure que allí reposaban, como las de Gregorio Fatón y de tantos otros, las cuales fueron amontonadas en el osario común.”

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...