Día 9 de corentena: o esgotamento do persoal dos supermercados

O certo é que nas tendas de alimentación están ata arriba de traballo. “Hoxe pola mañá veu o camión dúas veces para descargar mercancía. A xente leva unhas compras grandisimas. Eu non o entendo. Ou antes non comían ou non sei que pasa agora”, comenta unha traballadora dun supermercado da comarca de Lugo.

Supermercado - Imaxe de arquivo | ALX

“Un señor arramplou con todos os botes de lixivia dunha marca” e outros “veñen todos os días para comprar calquera cousa”. Hai quen actúa con responsabilidade, pero a situación xeral redunda na fatiga dos empregados destes establecementos. Diario de corentena desde Lugo Xornal.

A peza forma parte dun ‘Diario de corentena conxunto que se escribe dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here