InicioOpiniónDiario de corentena: Pequenos xestos responsables dos grandes cambios

Diario de corentena: Pequenos xestos responsables dos grandes cambios

Un elefante voando; as persoas con SA saben que iso non é posible e non ven outro significado; non ven os dobres sentidos, cóstalles entender comportamentos como a ironía, o cinismo ou a falsedade. A cura de humildade do Covid19 debería de abrirnos os ollos sobre o noso comportamento como sociedade.

Publicado o

- Advertisement -

O 2 de abril celebrábase o Día da Concienciación sobre o Autismo, cando andabamos rondando o pico da curva. Nesa xornada fíxose un especial chamamento á empatía cara estes colectivos que teñen necesidades especiais, máis se cabe, nestes momentos de confinamento. Para moitas destas personas saírse da rutina establecida supón un maior trastorno á súa condición.

O lema protagonista desa xornada foi “Os pequenos xestos son os responsables dos grandes cambios”. O día 18 de febreiro, Asperga, Asociación Galega de Asperger, celebrábao coa campaña “Haz Espacio”.  Falo do síndrome de Asperger (SA), porque este trastorno de orixe neurobiolóxico está enmarcado dentro dos Trastornos de Espectro do Autismo (TEA); e son o colectivo que máis coñezo á hora de falar do autismo.

Fai case unha década tiven a posibilidade de traballar cunha ampla representación de persoas con SA, persoas de diferentes idades e xénero. Faciamos un vídeo de sensibilización social sobre a situación desta persoas.

Na relación cos Asperger ves que para “entendelos” non o podes facer aténdote ao que estamos acostumados socialmente, porque moitos convencionalismos e patróns que consideramos básicos no noso comportameno social, para eles e elas non o son.

Un elefante voando

Un elefante voando; as persoas con SA saben que iso non é posible e non ven outro significado; non ven os dobres sentidos, cóstalles entender comportamentos como a ironía, o cinismo ou a falsedade. E en liñas xerais non lles entusiasma socializar nin o contacto físico coa xente. No tempo traballando con eles pensei moitas veces que a súa interpretación das cousas podía ser máis acorde cun “mundo mellor”, ou que era a súa defensa ante un mundo no que se sinten agredidos.

Asperga na Cárcere Vella de Lugo

Hoxe o Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, falou na súa comparecencia, da transición á que nos imos a enfrontar como sociedade. Cando pase a crise sanitaria e o estado de alarma no que estamos, seguirán os estados de alarma con menos limitacións, para progresivamente ir collendo un rumbo de recuperación. Seguirán os tempos difíciles e seguirá sendo necesaria a implicación de cada cidadán para controlar o virus, “Iranse recuperando algúns espazos de relación social, pero depende do cumprimento que fagamos como sociedade.”

O pensamento xeral é que o Covid19 é unha cura de humildade, como cidadáns, como sistema, como humanidade e agora volvo a recuperar os eslogans cos que comezaba falando dos Trastornos do Espectro do Autismo, que agora teñen máis sentido que nunca:

“Os pequenos xestos son os responsables dos grandes cambios”

“Haz Espacio”

 

[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’ conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...