Diario de Corentena: Os días iguais

Cando estudabamos literatura no instituto, na miña adolescencia perenne, non entendía nunca como os poetas teimaban en falar do paso do tempo

Vista dun luns. AXM

Cantos plans irán ao traste polo coronavirus. Grandes e pequenos. Unha escapada necesaria de fin de semana, o noso posto de traballo, unha empresa enteira. Colleitas. Vidas que marcharon e marcharán antes do que lles correspondía.

Nas nosas conversas por videoconferencia, mentres rascamos as barbas descoidadas e vemos como se entreñen e como medran os pícaros das familias, de bebés a nenos, os amigos comentamos o moito que nos tarda tomar unhas cervexas (tomar unhas cervexas non, emborracharnos) no nosos bares de sempre. Segue o Diario de Corentena no Xornal da Mariña.

[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’ conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here