InicioOpiniónOPINIÓN: Máis do mesmo

OPINIÓN: Máis do mesmo

"Chega o verán e volta o lume ós nosos montes, non damos aprendido e non pararemos ata que Galicia se converta nun deserto de croios e terra".

Publicado o

POR
Guillermo Díaz Aira
- Advertisement -

Moito se nos enche a boca falando de Galicia pero despois prendémoslle de carallo; temos un gran problema que as administración non dan solucionado porque o mal está dentro de nos e non hai que buscar culpables fora.

Non hai moito nas redes sociais un home que eu coñezo defendía que si estivese todo plantado de eucalipto ardería menos e poñía como exemplo o norte das provincias de Lugo e da Coruña, claro que o que non dicía e que nesas zonas os veráns son moi húmidos e apenas hai risco de lumes. Parece que non foi moito por Mondoñedo a desfrutar das néboas e das choivas que provoca o vento do nordés que secan o sur e refrescan o norte. Pero claro, tamén se esqueceu do sur da Coruña e de todo Pontevedra onde arde de carallo e hai eucaliptos pero o clima é máis seco. Ese argumento que usa a brigada do eucalipto é moi doado de rebater usando os mapas e os datos do clima, si un verán viñese moi seco no norte os lumes ían ser igual de potentes que na nosa zona.

Por onde vivimos nós vemos que todos os anos arde onde sempre, en Quiroga nunca falla o lume, entre Pantón e Monforte os veciños teñen que patrullar porque hai luns case a diario e así por todo o sur da nosa provincia. Todos estes lumes son provocados por diversos factores, envexa, pastos, desbroces pola brava, piques entre veciños, escorregar ó xabaril, xente que ten patoloxías, tamén hai quen di que hai lume porque apagar lumes é negocio:  teñen razón. Apagar incendios  da cartos a moita xente e entón é preciso que arda para cada ano haxa máis inversión en extinción. Tamén dan cartos as repoboacións, moitas delas feitas sen ningún tipo de sentido, plantar pinos onde nunca houbo e moitas veces aparecen os eucaliptos onde ardeu. Aínda que en teoría o eucalipto está prohibido na nosa zona hai unha porta traseira que permite que se planten, si tes un terreo forestal para piñeiro e o cortas podes plantar eucaliptos e esa trampa está a usarse con moita frecuencia por exemplo na miña parroquia (Caneda, en Monforte) e moitos montes do sur da provincia de Lugo.

“Aínda que en teoría o eucalipto está prohibido na nosa zona hai unha porta traseira que permite que se planten”

Veremos en poucos anos sen darnos conta as nosas serras ateigadas de nitens o que provocará a caída dos prezos e a saturación do mercado e encima están saíndo noticias de que ENCE entrou en perdas e estas son cuantiosas. Imaxinemos por un momento a tormenta perfecta que vai virlle ós nosos montes; o prezo da madeira tocando fondo, montes cheos de eucalipto e pino sen mercado, e no caso de que ENCE acabe cascando unha mas forestal convertida nunha bomba de reloxería e sen ningún tipo de saída.

Mentres tanto a sobreplantación está afogando ós nosos agricultores que cada vez teñen menos terras, abonda con moverse polo norte de Lugo con esa terra cha que debería estar chea de leiras e vacas e que cada vez ten máis plantacións. Xente que xa non vive da terra e quere sacarse uns cartos a costa de facerlle a vida imposible ós nosos gandeiros e agricultores. Mención aparte na nosa zona onde o abandono da terra é imparable, se vides por Lemos veredes pinos  plantados en zonas de concentración parcelaria como pasa en Bóveda, eucaliptos medrando entre leiras de millo e miles de parcelas cheas de silveiras onde o xabaril se multiplica sen control.

Se miramos para o Courel que por sorte non se pode plantar eucalipto, pero si piñeiros, o abandono da agricultura roza a traxedia. O monte achégase as aldeas e o risco de incendios masivos é cada vez máis alto. Aínda que hai xente que intenta ter vacas como poden ser os veciños de Moreda co rabaño que hai na Rogueira ou un proxecto que teñen de porco celta en liberdade na Serra das Travesas (nos aciñeiráis riba da aldea) no resto as poucas explotacións que quedan van pechando. Aí no Courel hai zonas onde todos os anos arde, incluso en inverno. Tamén lembro un lume na Seara con neve por baixo que seguro que gastaron gasolina dabondo para dar prendido. Cada ano o risco dun mega incendio no Courel (tamén en Quiroga ou Brollón) é máis alto e as consecuencias serán devastadoras tanto ambientalmente como economicamente xa que será a morte do turismo.

“Se miramos para o Courel que por sorte non se pode plantar eucalipto, pero si piñeiros, o abandono da agricultura roza a traxedia”

E mentres tanto ninguén fai nada, a Xunta non cambia o sistema de xestión  forestal e o de prevención, non se promoven as frondosas, non se limita o eucalipto, non se buscan alternativas. Os concellos non se implican, as comunidades de montes seguen na inercia de facer sempre o mesmo  e por outro lado os Galego seguimos queimando Galicia porque a culpa é nosa e non dos de fora.

E así nos vai… ou será que é o que merecemos?

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...