InicioOpiniónConverter en privado o que debería ser público atenta contra a vida

Converter en privado o que debería ser público atenta contra a vida

A búsqueda incesante do lucro fomentou a privatización no sector servizos e o asalto do capital privado a un terreo que nunca debera ter deixado de ser público, introduciu o macabro enfoque da redución de custos no máis elemental e incalculable: a vida.

Publicado o

POR
Jorge Cimadevila
- Advertisement -

Polas mañás, cando deixo á miña filla na Galiña Azul penso moitas veces no importante que é que as súas coidadoras teñan unhas boas condicións laborais, tanto no plano económico como no desenvolvemento da súa profesión. Traballar de maneira cómoda e cos medios técnicos e humanos suficientes é o único xeito de facer ben a labor que se vai desempeñar; tamén é a vía para que o traballo non se converta nun factor de danos psicosociais e permita o desenvolvemento persoal e profesional.

Galiña Azul Chantada / tokappdirect.com

Cando eu estudaba dicíannos que o traballo era un proporcionador de rol e de estatus, é dicir, de identidade; de feito, cando coñecemos a alguén deseguida nos  interesamos por saber a que se adica, porque o traballo cumpre unha importante función vertebradora dentro da nosa sociedade.

Nas últimas décadas, a función vertebradora do mundo laboral viuse afectada polas continuas e cíclicas crises do sistema capitalista, que parece ter entrado en barrena ante a incapacidade dos mercados para continuar a súa expansión infinita. Isto vense traducindo nun aumento da pobreza e da precariedade laboralNunha sociedade como a nosa na que o sector servizos ten un peso fundamental na economía, sendo o principal creador de emprego, a precariedade cobra especial transcendencia nas traballadoras dos coidados.

Precaridade laboral e falta de calidade asistencial

A pandemia do coronavirus sacou á luz algo que moita xente xa sabía: en numerosos servizos de axuda no fogar ou en residencias de anciáns, as traballadoras non contan cos medios suficientes para levar a cabo as súas tarefas, ademais de se veren desbordadas por unha carga de traballo inasumíbel para poder prestar unha atención de calidade. A búsqueda incesante do lucro fomentou a privatización deste tipo de traballos e o asalto do capital privado a un terreo que nunca debera ter deixado de ser público, introduciu o macabro enfoque da redución de custos no máis elemental e incalculable: a vida.

Despois do 15M, o eclosionar da nova política trouxo á axenda unha morea de cuestións que levaban anos pechadas no baúl dos recordos; unha delas era precisamente a de retrotraer para a esfera do público servizos que durante os anos da burbulla económica foran privatizados polos sucesivos gobernos de PSOE e PP. Empresas como a Fundación San Rosendo ou Domusvi, que hoxe están de triste actualidade, fixeron o seu agosto acadando a concesión destes servizos e primando o abaratamento dos prezos fronte á calidade dos medios técnicos e humanos.

Unha muller ao coidado dunha persoa maior

Nos últimos meses o acceso ao poder de formacións ou alianzas xurdidas arredor daquel 15M parece que volveu deixar caer da axenda debates como o da remunicipalización, e é  habitual escoitar algún alcalde da contorna ameazar coa privatización de certos servizos  ante as xustas reivindicacións das súas traballadoras. A recente privatización do SAF no Concello de Chantada, sen apenas oposición da veciñanza (agás a das propias traballadoras) é outra mostra clara.

Estes exemplos próximos deberían facernos reflexionar sobre as condicións de precariedade laboral dun colectivo que desempeña un traballo de incalculable valor. Somos cidadáns que, ou no presente ou no futuro, imos precisar destes coidados e destas profesionais; razón de máis para evitar que este debate caia de novo no esquecemento.

ÚLTIMAS

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...