InicioOpiniónCorpore san in mens san I

Corpore san in mens san I

As miñas vacinas favoritas: aire, luz solar, auga, alimentación, descanso, limpeza, relaxación, mente sana.

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares, Terapeuta PsicoReiki
- Advertisement -

Agora que o tema das vacinas está na fala da xente, é un bo momento para falar de vacinas que funcionaron, e seguen funcionando, sen efectos adversos. É un feito constatado que cada vez máis médicos convertéronse en receitadores, sexa polo escaso tempo que poden adicarlle aos seus pacientes ou por outras causas máis persoais.

Escasea o médico que te “interroga” á procura da causa da molestia que te levou á súa consulta. Os médicos “de antes” adoitaban recomendar aire e luz solar para mellorar moitas das molestias que afectaban a uns pacientes con menos horas de televisión. Os remedios eran bastante máis simples que os actuais. Como o bicarbonato para a acidez de estómago e as xaquecas do día despois da bebedeira. Despois empezáronse a comercializar sales de froitas, que non deixaban de ser bicarbonato máis saborizantes, aínda que máis caras. Agora son pastillas con efectos secundarios, ademais de bastante máis caras.

AIRE

Podemos estar 40 días sen comer, dous días sen beber pero non máis de dous minutos sen respirar, por tanto, a respiración é o máis importante. Respirar aire limpo é importante para manter a vitalidade do noso corpo. O aire contaminado das cidades é a causa directa da redución dos anos de esperanza de vida. Unha respiración adecuada permite unha boa osixenación do noso corpo.

Facer exercicio, mesmo sen fatiga, obriga ao noso corpo a unha respiración maior que o sedentarismo que a reduce. Tamén reducen a respiración estados de tensións, ansiedade, tristura…Camiñar ou pedalear polo campo é unha actividade que axuda a rexenerar as nosas células. Tamén axuda practicar a Respiración Consciente, aos que por diversas circunstancias non poden facer exercicio. As Mitocondrias son bacterias que asimilan o osíxeno a nivel celular. Cando tomamos antibióticos, estes atacan ás mitocondrias, de aí a sensación de cansanzo cando se está tomando un tratamento con antibióticos, estamos a reducir a capacidade de osixenación das nosas células.

Luz solar / Worldhealthdesign.com

LUZ SOLAR

A luz solar axuda a incrementar o noso sistema inmunitario, tamén axuda ao organismo para a xeración de vitamina D. A pel ao recibir as radiacións ultravioletas xera vitamina D, esta será metabolizada nos riles para transformase na súa forma activa e desta maneira contribuír coa absorción e depósito de calcio nos ósos. Ademais a vitamina D é fundamental para a mineralización dos ósos e dos dentes. Os raios ultravioleta regulan a produción de melatonina, hormona que axuda a definir os ciclos do sono.

AUGA

Necesitamos da auga para vivir. O noso corpo está composto maioritariamente por auga. A inxesta de auga tamén se realiza a través dos alimentos, froitas e verduras que provén ao noso corpo de líquido. Cando se consome pouco líquido a través dos alimentos, o noso corpo pídenos beber. A calidade da auga é decisiva para axudar ao noso corpo nas súas funcións rexenerativas. Augas con moito residuo seco castigan máis aos riles.

ALIMENTACIÓN

O noso corpo constrúese e mantense a partir dos alimentos que inxerimos. Segundo a calidade e composición deses alimentos así será o resultado. As nosas células necesitan osíxeno para realizar a súa rexeneración, as mitocondrias son as bacterias encargadas de transformar o osíxeno que reciben do sangue. Unha alimentación acidificante reduce o transporte de osíxeno no sangue, menos alimento para as mitocondrias, ademais de que a tensión, o esgotamento, reducen a súa capacidade de asimilación de osíxeno. Se esta situación mantense no tempo os órganos afectados enferman.

Alimentación san para cerebro san / consejosdetufarmaceutico.com

A inxesta de alimentos alcalinizantes debería de ser prioritaria, froitas e hortalizas frescas alcalinizan o sangue ademais de incrementar a hemoglobina, proteína encargada de recoller o osíxeno das vías respiratorias para distribuílo por todo o corpo, ademais de recoller o CO2 para levalo aos pulmóns. Niveis de hemoglobina baixos afectan o transporte de osíxeno en sangue. Os niveis de hemoglobina sóbense con rapidez tomando mollo verde. Receita: apio, col verde e leituga a partes iguais e unhas mazás para suavizar o sabor. Todo isto licúase e engádeselle unha cullerada de sobremesa de cúrcuma, outra de xengibre e un chisco de pimenta negra moída. Tómase un bo vaso polas mañás en xaxún ou polo menos media hora antes de comer. Os efectos comezan a notarse á primeira toma.

Este mércores, 9 de decembro, pola noite repasamos as outras catro receitas: descanso, limpeza, relaxación e mente sana.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...