InicioOpiniónCorpore san in mens san II

Corpore san in mens san II

"A ferramenta máis poderosa de que dispoñemos para acougar a mente é a respiración consciente. Mediante a respiración consciente conseguimos acougar a mente, aquietamos os pensamentos e a realidade faise presente."

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares, Terapeuta PsicoReiki
- Advertisement -

Despois de repasar aire, luz solar, auga e alimentación como vacinas favoritas, seguimos percorrido co resto de aliados da nosa saúde:

DESCANSO

Pola noite as nosas células realizan o traballo de rexeneración. Non se trata de cantidade de horas durmidas se non da calidade do soño. Para o bo funcionamento da rexeneración celular, é aconsellable deitarse non máis tarde das 11 da noite. E, por suposto evitar a luz das pantallas polo menos media hora antes de deitarse.

LIMPEZA

Do corpo e da mente. A limpeza do corpo foi vital para eliminar enfermidades. Como anécdota dicir que ao primeiro médico que falou da importancia de lavarse as mans antes de operar aos pacientes, encerrárono nun manicomio. A pel é o órgano excretor máis grande do noso corpo, a través da pel eliminamos toxinas, esa eliminación acelérase coa suor. Podemos suar co exercicio ou cando o corpo incrementa a súa temperatura (febre) para combater algún patógeno. Cando o noso corpo está intoxicado a suor cheira forte. Unha maneira adecuada para axudar a limpar toxinas e refugallos acedos a través da pel é o baño de auga quente salgada. Énchese a bañeira pouco máis da metade, de maneira que nos cubra a auga unha vez dentro. Engádenselle dous quilos de sal, preferentemente mariña. A temperatura máis alta que aguantemos. Introducímonos e permanecemos entre 20 minutos e media. Un baño destes unha vez ao mes está ben. A falta de bañeira podemos poñernos debaixo da ducha, tamén todo o quente que aguantemos, e fregar todo o corpo con puñados de sal.

RELAXACIÓN

A nivel físico a relaxación conleva múltiples beneficios, xa que ao rebaixar os niveis de tensión muscular favorécese o movemento enerxético e a rexeneración celular. O corpo emprega mellor a súa enerxía. O máis importante en calquera técnica de relaxación é a respiración consciente.

MENTE SAN

A limpeza da mente require en primeiro lugar de acougala, non é un esforzo mental, non se trata de repetir mantras, trátase de non empregala para acougala. A ferramenta máis poderosa de que dispoñemos para acougar a mente é a respiración consciente. Mediante a respiración consciente conseguimos acougar a mente, aquietamos os pensamentos e a realidade faise presente. Trátase de observar a respiración, só observar o aire entrando e o aire saíndo, sempre polo nariz. Ao principio podemos empezar a practicar a respiración consciente contando, contamos o mesmo ao expirar que ao inspirar. Podemos contar mentalmente, ou se imos camiñando contamos os pasos. Trátase de compasar os pasos, ou o pedaleo se imos en bicicleta, coa respiración, desta maneira, ademais de acougar a mente, osixenamos mellor a musculatura reducindo a acumulación de ácido láctico. A tensión, os sentimentos negativos, os conflitos emocionais, xeran tensión mental e, por tanto redución da capacidade de respiración. Cando restrinximos un certo tempo a respiración por esas causas, o propio corpo pide aire mediante o suspiro, un acto completamente involuntario. Podes empezar a crer e practicar o que acabas de ler. A túa saúde depende de ti máis do que che fixeron crer.

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...