InicioOpiniónA indefensión ante un diagnóstico positivo en coronavirus

A indefensión ante un diagnóstico positivo en coronavirus

Estás a piques de rematar os días de confinamento, pero as dúbidas continúan, estará todo ben?, aínda me atopo canso. Seguirei contaxiado? e a pregunta do millón, contaxiarei?

Publicado o

POR
Emma Rodríguez Blanco, sanitaria
- Advertisement -

Diagnosticado de Covid 19, no mellor dos casos eres asintomático, noutros empezan os síntomas, doe  a cabeza, apenas podes respirar, tes dor no peito, na espalda, nas articulacións, comezan os vómitos, a diarrea e, sobor de todo, O MEDO.

Estás indefenso, non sabes que pode pasarche e se isto non remite e se acabo na UCI?

E se teño que ingresar e non podo ver nin despedirme, dos fillos, da parella, dos pais?

Illado nunha habitación ou no mellor dos casos, no domicilio, agardas que esa chamada dos rastrexadores, do médico de cabeceira, dos servizos hospitalarios,… chegue. Esa chamada que te vai tranquilizar porque están pendentes de ti e se todo vai mal, vante socorrer.

Pero… resulta que esa chamada prodúcese o primeiro día e non se volve producir, ou que te chaman de varios sitios distintos e tes que explicar o mesmo unha e outra vez sen que case podas falar pola dificultade respiratoria; onde según quen, che dá unas instrucións ou outras, que se a corentena dura dez ou 14 días, que os contactos o son para uns e para outros non,… Nese momento comezas a percibir que as cousas non están moi organizadas .

Pasan os días e non te chama ninguén, ou o médico de familia saturado faiche unha chamada de dous minutos. Xa sabe, se empeora chame ao 061. Pero, que será empeorar, se xa estou fatal, e se empeoro poderei chamar?? 

Comézaste a sentir mellor, parece que todo esta saíndo ben, estás a piques de rematar os días de confinamento, pero as dúbidas continúan, estará todo ben?, aínda me atopo canso. Seguirei contaxiado? e a pregunta do millón, contaxiarei?

Proba de COVID19 | ALX

Resulta que todas esas preguntas as seguimos facendo tras a alta porque segundo protocolos non fai falta PCR de saída, así que ós 10 días se non tes síntomas ou se os tes, unha vez remitan, saes á rúa, a facer vida normal … Todo moi sensato.

Onde está a responsabilidade das administracións?

Apelan á responsabilidade individual e esta debe incluír non saír positivo  á rúa e pregúntaste onde está a responsabilidade das administracións?

As administracións e, especificamente, as sanitarias teñen a función de velar polo mantemento da saúde dos cidadadáns, e ningún dirixente destas pode ir en contra desta misiva.

Entón por que a sanidade en Galicia parece un cortello? Por que cada Eoxi ten normas sanitarias distintas? Por que dependendo quen te chame, che conta un conto diferente?

Os cidadáns necesitan, demandamos: administracións serias, resposta  efectiva á pandemia, non precisamos de máis medidas publicitarias. Porque ao igual que na fábula de Esopo dos ratos e as donicelas: o poder non implica vanagloria, se non responsabilidade. 

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...