Corremos o risco de estar no inicio dun xenocidio?

Como se está xestionado a vacinación contra a Covid19 ou como se xestionou e xestiona esta pandemia está erguendo voces en contra. Unha representación de diferentes profesións e sectores sociais traballa nunha iniciativa popular contra a Ley 8/2008 de 10 de xullo 2020 aprobada o 9 de decembro de 2020, pola que segundo afirman “quérese impoñer ilegalmente a vacinación obrigatoria entre outras imposicións que conculcan todos os dereitos e non sabemos como nos van repercutir. Ollo coa vacina, como se firma algo onde quen a está fabricando non se responsabiliza.”

Prisioneiro, 1999 Tetsuya Ishida / arteinformado.com

Este colectivo asegura estar desconforme e molesto ao considerar que a Xunta estase aproximando ao bordo da liña que delimita a ilegalidade e por tanto a intervención directa por parte dos órganos competentes da U.E. “No referente ao peche de empresas ou establecementos, á incautación de bens e produtos, sometemento á vacinación e inmunización e internamento baixo certas circunstancias en centros habilitados a tal fin. Tomen como referencia a posición do Goberno Central este e outros temas que variou as súas políticas tras ser examinadas minuciosamente e comprobar que non se ateñen a Leis e Tratados internacionais.”

•O Parlamento Europeo insta ós países membros a que se abandonen os estados de emerxencia e as limitacións das liberdades e que se limite o seu impacto. Resolución 2020/2790, publicada o día 13 de Novembro do 2020. A Asemblea do Consello Europeo, en resolución 2361 (2021) di no apartado 7.1 con respecto ás vacinas Covid-19: – 7.1.1 Asegurar ensaios de alta calidade, sólidos e realizados de maneira ética de acordo coas disposicións pertinentes da Convención sobre dereitos humanos e biomedicina. Aínda non se aprobou polo Parlamento.

Este colectivo asegura que se está vendo “como implicitamente recoñécese que as vacinas aínda que superasen a fase de desenvolvemento están a experimentarse sobre a poboación, algo expresamente prohibido pola Convención dos Dereitos Humanos. Así mesmo no artigo 5 da Declaración dos Dereitos Humanos prohíbese calquera tipo de tortura, incluíndose nela os experimentos xenéticos ou de calquera tipo coa poboación. Respecto diso do devandito no parágrafo anterior debemos considerar que as vacinas incorporan a biotecnoloxía coñecida como “ADN mensaxeiro”, que é unha modificación do ADN humano, podendo entrar de cheo nun terreo perigoso que non se deu desde o final da 2a Guerra Mundial. “

Carlos Alonso / intramed.net

Neste punto fan referencia aos Principios de Siracusa e á Carta Internacional de Dereitos humanos que recollen:

7.3.1 Asegurarse de que os cidadáns estean informados de que a vacinación NON é obrigatoria e de que ninguén é presionado política, social ou doutro xeito para que se vacine, se non o desexa.

7.3.2 Velar por que ninguén sexa discriminado por non ser vacinado, por posibles riscos para a saúde ou por non querer ser vacinado.

Sinalan, “Nos dous puntos anteriores entramos en contradición coas leis autonómicas a efecto da posibilidade de obrigatoriedade da vacinación, 7.3.4 Distribuír información transparente sobe a seguridade e os posibles efectos secundarios das vacinas. 7.3.5 Comunicar de forma transparente o contido dos contratos cos produtores de vacinas e poñelos ao dispor do público para o escrutinio parlamentario e público.”

Esixen que se faga unha vixilancia constante e que se informe sobre as persoas que sofren efectos secundarios, cales son e se faleceron. Queren coñecer os contratos coas compañías farmacéuticas tanto no referente ás vacinas como á compra de material adicional.

Lembran que a xerarquía normativa comeza polos Convenios e Tratados Internacionais sobre Dereitos Humanos, seguida da Constitución e que as normas estatais prevalecen sobre as autonómicas, polo que consideran que a Xunta pode estar incurrindo en delitos de prevaricación e de fraude de lei, cuestións nas que afondarei na próxima entrega esta mesma semana, facilitando o acceso ao escrito con toda a información legal, que se espera teña o respaldo das persoas que compartan opinión.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here