InicioOpiniónAsí viviamos hai un ano a pandemia: Menudas guedellas

Así viviamos hai un ano a pandemia: Menudas guedellas

« Houbo quen descubriu dotes de barbeiro durante a corentena. "Fáltame maquinaria boa, pero polo demais..." O rapaz pasou dous días mirando abraiado a súa obra de arte na cachola do pai. "Que ben llo deixei, eh? Teño bastante xeito" ».

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Diario de corentena do 30 de marzo do 2020:

Esta mañá vin a viñeta que publicou onte Flavita Banana en El País sobre os pelos que non se arrincarán durante estas semanas ao sentírmonos libres da mirada axuizadora da sociedade. Se cadra así aprendemos a distinguir entre aquelas cousas que faciamos por coidado propio e as outras que faciamos por cumprir co establecido, di ela.

Viñeta de Flavita Banana para El País | El País

O beneplácito alleo condiciónanos a niveis impensables no noso día a día. Cantas cousas deixamos de facer polo que poidan pensar os demais? Este período de confinamento preséntase como unha oportunidade para sacar espiñas que tiñamos cravadas. Hai quen por fin se decidiu a tinguir o pelo de laranxa, outros probaron a deixar caer o floco pola fronte, outros a raparse.

Case me atrevo a dicir que estes últimos son maioría. Co peche das perruquerías, moitas persoas que habitualmente levan o pelo curto andan coa mosca detrás da orella, a punto de afogala coas greñas que lles sobresaen por riba.

Baixo tales circunstancias, nesta casa mesmo houbo quen descubriu dotes de barbeiro durante a corentena. “Fáltame maquinaria boa, pero polo demais…” O rapaz pasou dous días mirando abraiado a súa obra de arte na cachola do pai. “Que ben llo deixei, eh? Teño bastante xeito”. Esta primeira intrusión profesional como perruqueiro custoulle hora e media ao cliente, amais do depósito de confianza. Xa non é pouco.

Como a corentena se prolongue moito máis tempo, non vai haber tesoiras dabondo para atacar as semellantes guedellas que imos lucir.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...