InicioOpiniónAsí viviamos hai un ano a pandemia: A ameaza dos visitantes na...

Así viviamos hai un ano a pandemia: A ameaza dos visitantes na Semana Santa

Acordádesvos da serie V ? Unha serie de comezos dos 80 na que o Planeta Terra era invadido por uns extraterrestres que tras a súa apariencia humana eran "lagartos", V Los visitantes. Esta Semana Santa cada vez que vín ou publicamos nos medios todas as medidas que se tomaban para evitar aos visitantes, lembrábame daqueles lagartos que nos querían invadir. E as gominolas que comemos.

Publicado o

- Advertisement -

Diario de corentena do 9 de abril do 2020:

Unha das cousas que tivo de positivas a Covid19, que algunha ten, é que a gran maioría dos cidadáns dos diferentes países do mundo se uniron e asumiron a súa responsabilidade nesta situación de carácter mundial; independientemente da eficacia dos seus dirixentes. Iso dá moito poder á responsabilidade individual para conseguir un ben global, axuda humanitaria. Repítome con este tema, son os días que pasan; e a importancia do concepto, que diría Manquiña.

Nas estruturas establecidas, o Covid19 evidenciou fallos importantes a todos os niveis; pero no comportamento xeral da cidadanía amosouse, e estase amosando, máis responsabilidade ca nunca. Nunha circunstancia como esta, creo que iso debería motivarnos, a lo menos é o que me digo. A maquinaria humana que houbo que mover para que en España se comece a ver a luz ao final do túnel está formada por cada cidadán; o mesmo que acontece nos outros países e na solidariedade internacional entre cidadáns. Todos somos pezas fundamentais; non se cansan de repetilo, porque é así. Silvia no seu diario de corentena desde Lugo Xornal falaba do dereito a soñar libremente; pois iso.

AS PELIS TAMÉN SE FAN CON ACTORES DE REPARTO E FIGURANTES

Que as complexas estruturas que nos rixen se adapten a esta crise sen cometer erros non se antoxa fácil, pero que cada un de nós non sexamos capaces de “facelo ben”; é algo que inqueda,.. despois de non sei cantos días de confinamento. Aquí volvo aos Visitantes de V (os da Semana Santa e fins de semana) ou aos mozos que detiveron por xestionar grupos de whatsapp que preparaban quedadas para agredir ás forzas de seguridade durante esta crise.

A realidade supera á ficción e por riba nesta realidade tocounos convivir con Trump, entre moitas outras súperestrelas internacionais. Unha das últimas barbaridades que escoitei deste home (…e aparece a fase conspiranoia), foi que pretendera mercar a exclusividade da vacina da Covid19 para EEUU. Hai pezas ben fastidiadas nesta maquinaria; hai superestrelas e actores protagonistas que non merecen o que son, pero as pelis tamén se fan con actores de reparto e figurantes. Confírmano informacións como a deste enlace no Xornal de Lemos. Non sería unha superprodución de Hollywood, sería unha boa peli. E a menos cartos, móvese menos a Covid19.

Bosque

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...